Amosando 846 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Bos Aires (Cidade)
Previsualización da impresión Ver:

29 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad hijos de las tres parroquias de Dodro" de 18/05/1913, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Acción Gallega : Publicación oficial de Casa de Galicia

Publicación societaria que informa das actividades da asociación, das súas seccións e da colectividade emigrada. Presta unha especial atención á difusión da cultura galega, neste sentido destaca a colaboración de importantes personalidades da emigración con numerosos artigos literarios (nas seccións "Nuestro cuento", "Poética"), páxinas ilustradas dedicadas a comarcas e cidades, notas históricas e bibliográficas de Galicia, comentarios da economía sobre a sociedade galega, etc. Dirixida nunha época polo galeguista Rodolfo Prada.

Números dixitalizados:

1920: n. 1-7
1921: n. 8-16
1922: n. 17-26
1923: n. 28-29, 32-33, 35-36, 39
1924: n. 42-44, 46-51
1925: n. 52-55, 57-58

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Acción gallega : Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires

Este xornal foi editado en Bos Aires desde 1926 e desde 1929 convértese no voceiro oficial da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, tras a súa escisión da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
A maior parte da publicación está dedicada á sección «Notas y Comunicados de las Sociedades» (novas das Sociedades federadas) e á información propia da Federación (comunicados, asembleas, notas do Consejo Federal, etc.), realizando continuas críticas á outra Federación. Aparecen outros artigos abordando a actualidade política española, sendo moitos deles reproducidos doutras publicacións. Tamén inclúe comunicados de organizacións de esquerda e comentarios diversos desde unha perspectiva republicana de esquerdas, moi crítica co goberno español e fortemente antinacionalista.

A publicación «Galicia : Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas» tivo que deixar de editarse baixo a súa denominación habitual por motivos políticos e tomou o nome dun antigo órgano oficial dos anos 20, «Acción Gallega». Aparece só desde o 1 de abril de 1944 ata o 29 de xullo. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran, sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras este período volve editarse coa cabeceira «Galicia».

Fondos en microfilme:

2ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-1):

1929: n. 37-39
1930: n. 40-59
1931: n. 59, 61-72
1932: n. 73-82
1933: n. 83-94
1934: n. 95-106
1935: n. 107-117
1936: n. 118-158 [i.e. 128]
Os números dos anos 1936-1942 consérvanse no rollo de microfilme con signatura AE/M-7-7

3ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-10.6):

1944: n. 1-18 (tamén dixitalizados)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

A Nosa Terra : periódico galego

Esta publicación política nacionalista, editada pola Irmandade Galega de Bos Aires, retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que é continuadora. O xornal informa dos propósitos dos grupos nacionalistas de Bos Aires e América, describindo as súas actividades. Tamén contén informacións sobre a situación da colectividade e de Galicia, aparecendo comentarios sobre a situación política e social galega.

Formato facsímil:

4 volumes encadernados (340 x 250 mm):

v. 1: 1942-1945: n. 425-443
v. 2: 1946-1948: n. 444-466
v. 3: 1949-1951: n. 467-478
v. 4: 1951-1972: n. 479-518

Fotocopias (tamaño A4):

1944: n. 432-433
1945: n. 442
1946: n. 448-451, 454
1947: n. 458
1948: n. 461, 464, 466
1949: n. 469
1951: n. 479
1953: n. 483
1954: n. 489
1955: n. 494
1961: n. 503
1963: n. 506
1964: n. 507
1968: n. 509
1969: n. 512
1970: n. 513-514

Irmandade galega de Buenos Aires

Resultados 841 a 846 de 846