Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.

Centro Gallego en Burgos

Arumes : Órgano de difusión

Esta publicación societaria, voceiro oficial da Casa de Galicia, foi creado para informar aos residentes galegos nesta cidade das noticias e acontecementos que ocorren nela, así como tamén en Galicia. Dá tamén noticias sobre as actividades realizadas pola entidade.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 0
2000: n. 1
2001: n. 2
2002: n. 3
2003: n. 4
2004: n. 5
2005: n. 6
2006: n. 7
2009: n. 10
2010: n. 11

Casa de Galicia de Badajoz

Carta de Constantino Fernández Vázquez

Carta enviada polo Presidente da "Casa de Galicia en León", Constantino Fernández Vázquez, ao Director da Radio Televisión Galega, o día 11 de setembro de 1989, para facerlle chegar dous exemplares do folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española, conservada en formato papel.

Casa de Galicia en León

Folleto do VI concurso de relatos

Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.

Casa de Galicia en León

Boletín Informativo

Boletín que publica a Casa de Galicia en León para achegar a información da sociedade aos socios sobre os seus orzamentos e os actos que organiza.

Número conservado en formato papel:

1992: n. 1

Casa de Galicia en León

Federación Mundial de Sociedades Gallegas : Boletín Informativo

Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.

Número conservado en formato papel:

1980: n. 2

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel (fotocopias):

  • Artigo "O Centro Galego de Barcelona, embaixada de Galicia en Catalunya" publicado no suplemento "Cataventos" do xornal "El Ideal Gallego" do día 28/11/1984.
  • Artigo "A emigración esquecida" de Xerardo da Seara publicado no xornal "Centro Galego de Barcelona" en abril de 2007.

Centro Gallego de Barcelona

Results 841 to 860 of 5662