Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) cuberta pola "Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro" e enviada ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega o 16/10/1998, conservada en formato papel.
Programas da festa galega celebrada cada ano pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro no parque de Can Mercader, Cornellá de Llobregat, con motivo das Letras Galegas e da Festa Maior de Cornellá, conservados en formato papel:
Esta revista societaria edítase anualmente coa finalidade de festexar o Día das Letras Galegas e para informar das diversas actividades que organizan os galegos de Santa Coloma de Gramanet para a súa celebración; contén artigos sobre o homenaxeado anual e sobre cidades galegas. Aparecen tamén colaboracións de carácter cultural, literario e lúdico, con seccións de gastronomía, refraneiros, "un pouco da nosa historia" etc.
Números conservados en formato papel (orixinal):
1999: n. 5 2001: n. 7 2004: n. 10 2005: n. 11 2006: n. 12 2007: n. 13 2009: n. 15 2010: n. 16
Enquisa "Censo Cultural" relativa a Entidades remitida ao Consello da Cultura Galega pola Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés, conservada en formato papel.
Convite ao concurso musical "Mollet a capella" do día 01/04/1995, remitido pola Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés, conservado en formato papel.
Programas da "Fiesta popular de las nacionalidades y comunidades autónomas" celebrada cada mes de xuño pola Irmandade A Nosa Galiza en Mollet del Vallés, conservados en formato papel:
Díptico da XVII festa de 1996 (213 x 157 mm)
Díptico da XXVIII festa de 2007 (215 x 100 mm)
Folla voandeira da XXXI festa de 2010 (214 x 100 mm)
Políptico do "Gran encontro de gallegos del mundo" (2005) Folleto da cena de gala celebrada en xuño de 2005 Revista "Feitos" Boletín "Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña y Andorra : Boletín informativo"
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" Díptico da XIII Festa galega en honor a Santiago Apóstol (2010) Boletín "Festa Galega en honor a Santiago Apóstol"
Folleto editado polo "Centro Ourensan de Montevideo" sobre o primer Museo Sudamericano de Historia da actividade agrícola en Galicia, con pezas do periodo 1800-1950 cedidas por José María García.
Recorte de prensa do n. 220 (08/06/1918) do Seminario Independiente "El Pueblo", cunha nota sobre a próxima apertura dunha escola por parte da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservado en formato papel (fotocopias).