Programa da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.
Programa da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) remitida pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega en 1998, conservada en formato papel (fotocopias).
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.