Showing 934 results

Archival description
Arxentina Emigración galega
Print preview View:

30 results with digital objects Show results with digital objects

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Memoria e balance do ano 1942

Memoria e balance do 21º exercicio correspondente ao ano 1942 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (18 páxinas), conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Sociedad pro-escuelas unidos de Sarria

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1917-1926, 1933-1941 e 1941-1943
Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios dos anos 1929-1932

Sociedad pro-escuelas unidos de Sarria

Alianza de Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1926-1942
Libros de Actas das reunións das Asembleas de Socios dos anos 1932-1942

Alianza de Céltigos, Incio, Corbelle y sus contornos

Hijos Partido Judicial de Villalba. Actas

Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.

Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba

Correspondencia enviada

Libro do copiador e correspondencia enviada pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" nos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Listaxe de socios do ano 1937

Listaxe de socios da "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" (6 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Results 921 to 934 of 934