Showing 127 results

Archival description
Uruguai Emigración galega
Print preview View:

Carta enviada por Juan Rodríguez Rial

Carta enviada por Juan Rodríguez Rial o 03/04/1918 anunciando a creación da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservada en formato papel (fotocopias).

Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Díptico "Acto académico-musical de homenaje a Juana de Ibarbourou" (1963)
Boletín "Nós : Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos"

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Nós : Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos

Esta publicación pretende difundir os valores culturais, sociais e económicos de Galicia, así como estimular as iniciativas que tendan á súa plena valoración. Achega información sobre as distintas actividades organizadas pola propia entidade e outras asociacións galegas. Abórdanse, igualmente, temas variados como a emigración, a lingua e literatura, a economía, etc.

Números conservados en formato papel:

1964: xuño, outubro
1965: xaneiro, maio

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1962)
Enquisa "Censo Cultural"
Tarxeta social
Boletín "Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Boletín Informativo"
Revista "Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades"

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Tarxeta social

Tarxeta social do Presidente do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", Álvaro Alonso Valverde, conservada en formato papel.

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades

Esta revista societaria está editada polo Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, para informar aos seus socios anualmente das actividades organizadas. O número correspondente ao ano 1997 está dedicado á celebración do cincuentenario da súa fundación, facendo un percorrido polo seu devir histórico.

Números conservados en formato papel:

1992
1997 (50º aniversario)

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Centro Gallego de Montevideo", conservados en formato dixital:

  • 1879-1882
  • 1882-1885
  • 1885-1887
  • 1887-1892
  • 1892-1896
  • 1908-1916
  • 1916-1920
  • 1920-1925
  • 1925-1928
  • 1928-1935
  • 1935-1940
  • 1940-1945
  • 1945-1949
  • 1950-1954
  • 1955-1959
  • 1960-1961
  • 1961-1964
  • 1964-1966
  • 1967-1969
  • 1970-1972
  • 1973-1978
  • 1978-1983
  • 1989-1993
  • 1993-1998

Centro Gallego de Montevideo

Centro Gallego : Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay

Esta publicación foi editada polo Centro Gallego de Montevideo, sufrindo varias modificacións no seu título e formato, aínda que os seus contidos son similares ao longo de todo o período da edición. Un primeiro grupo de noticias está constituído pola información sobre o funcionamento interno da sociedade (notas e vida social, ciclos de conferencias, actividades, etc.). Tamén inclúe novas sobre a actualidade española e galega nas seccións: «Noticias de España», «Noticias de Galicia», «Crónica de La Coruña», etc. Cómpre destacar os artigos e colaboracións sobre Galicia, particularmente sobre a súa cultura e o hispanoamericanismo. Reproducen ademais diversas achegas sobre a historia, a literatura, a arte, o labor dos galegos en América, poesías, relatos, chamamentos para secundar iniciativas como a da Residencia de Estudiantes ou da Asociación Protectora de la Cultura Gallega, entrevistas a intelectuais, etc. Por último aparecen seccións recreativas, páxinas para a muller, etc.
En 1926 pasa a chamarse «Revista del Centro Gallego» e dende o n. 151 (1929) «Galicia».

Números conservados:

En formato dixital/facsimilar:

  • 1ª época:
    1917: n. 1-6
    1918: n. 7-13

En formato papel:

  • 2ª época:
    1920: n. 45
    1925: n. 103
    1926: n. 114; 120
    1927: n. 125-131
    1928: n. 132-138; 140; 143
    1929: n. 144-145; 148-151

Centro Gallego de Montevideo

Casa de Galicia

Esta publicación societaria está editada para informar aos seus socios e á colectividade sobre as actividades realizadas pola institución, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc.

Número conservado en formato papel:

1991: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Results 81 to 100 of 127