Amosando 207 resultados

Descrición arquivística
Arxentina Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Asociación Hijos de Zas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dos diversos aniversarios fundacionais da asociación Hijos de Zas de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Números conservados en papel:

1998: 75º aniversario
2003: 80º aniversario

Asociación Hijos de Zas

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Xeito Novo : Galiza Sempre

Publicación societaria editada pola Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega.

Número conservado en formato papel:

1991

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Memoria e balance social

Memoria e balance da sociedade "Centro Gallego y Saviñao" correspondente ao 40º exercicio dende o 01/10/1995 ata o 30/09/1996 (12 páxinas), conservada en formato papel.

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Boletín

Boletín editado polo "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" con motivo da 39ª semana galega do ano 1995. Incorpora noticias sobre a sociedade, as súas actividades e información sobre Galicia.

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Memoria e balance xeral do exercicio 1995-1996

Memoria e balance xeral do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" correspondentes ao período de 01/07/1995 a 30/06/1996, conservados en formato papel.

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Revista Galicia

Esta revista societaria informa sobre as actividades e acontecementos internos do Centro Gallego de Partido General Sarmiento.

Números conservados en formato papel:

  • 1997: n. 3

Centro Gallego del partido de General Sarmiento

Revista médica del Hospital Español de Mendoza

Esta revista trimestral foi editada polo Hospital Español de Mendoza, para informar das súas diversas actividades, así como dos beneficios sociais, as instalacións e os tratamentos que facilitan aos seus socios.

Número conservado en formato papel:

  • 1998/1999: n. 2

Sociedad española de beneficencia y mutualidad, Hospital español de Mendoza

Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Libro de bodas de diamante

Nesta revista publicada con motivo da celebración do 70º e 75º aniversario fundacional da sociedade editora aparecen diversos artigos e reportaxes sobre a historia e as actividades do centro.

Números conservados en formato papel:

1993: 70º aniversario
1998: 75º aniversario

Centro Gallego de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Nonagésimo aniversario

Esta publicación foi publicada con motivo da conmemoración do 90º aniversario fundacional da entidade editora. Informan do devir histórico da sociedade ao longo destes anos, de todos os seus logros e tamén da actualidade social.

Número conservado en formato papel:

2000: 90º aniversario (1910-2000)

Asociación española de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Resultados 81 a 100 de 207