Amosando 705 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

A Nosa Galiza

Esta publicación é continuadora do boletín «Semente». A revista pretende «informar ós socios e a tódala xente encol das actividades e actualidade da Sociedade. O xornal ten que ter traballos e estudios encol da afirmación xeral da lingua galega e dos enxebres valores culturais i einicos da nación galega, eisi como toda cras de artigos encol dos problemas aituás de Galicia».
A maioría dos artigos informan sobre os distintos aspectos da entidade: balances económicos, actividades das xuntas directivas, estatutos, etc., contendo ademais traballos e estudios sobre os valores culturais de Galicia como literatura, contos, poesía, biografías de escritores, notas de libros; e artigos sobre economía, xeografía e emigración galega, etc. Inclúe tamén páxinas dedicadas a temas de contido máis xeral como deportes, informacións xurídicas, etc.

Números conservados en formato papel:

1972: n. 3-4
1973: n. 5
1974: xaneiro/febreiro
2ª época:
1979: marzo, maio/xullo, setembro/novembro

Sociedade "A Nosa Galiza"

Xornal d'a Nosa Galiza

Revista societaria que no seu editorial proclama "a percura do millor galego esquirto que nos sexa posible é unha das preocupazóns dos que redaitamos iste xornal". Consta de varias seccións: "Literatura" con biografías de autores galegos recoñecidos, informacións sobre libros e tamén sobre teatro e poesía; "economía" sobre a situación actual de Galicia; a vida societaria, directivas, o balance económico da entidade e as actividades organizadas para os socios; ademais hai artigos sobre temas que poden interesar aos socios e a colectividade emigrada, reproducións de artigos publicados na prensa galega, debuxos de Castelao, etc.

Número conservado en formato papel:

1970: n. 2

Sociedade "A Nosa Galiza"

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Galiza sempre

Esta publicación societaria foi editada para dar a coñecer, entre a colectividade galega asentada en Xenebra, o seu percorrido desde a súa fundación, actividades, etc. pero tamén informa sobre temas de interese para os emigrantes (dereito ao voto, etc.). Inclúe diversos traballos de creación literaria.

Número conservado en formato papel:

1992

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Galiza hoxe

Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1986: xaneiro (n. especial)

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Enxebre : voceiro do Grupo Galego de Aarau

Esta publicación foi editada para achegar a actualidade da entidade aos seus socios (actividades, local social, xunta directiva, etc.) e inclúe información sobre a sociedade galega en xeral con artigos de carácter cultural, económico, político e social (convenios colectivos, autonomía, etc.).

Número conservado en formato papel:

1984: n. 1

Grupo Galego de Aarau

Letras Galegas

Boletín editado pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza coa colaboración da Xunta de Galicia, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Número conservado en formato papel:

2004

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza

Esta revista societaria foi editada para informar da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos, etc.). Conceden unha especial atención aos temas de Galicia, así o primeiro número está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres que o número dous contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de «A Nosa Terra». Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para os emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1 (fotocopias)
1997: n. 2
1999: n. 3
2004: n. 4
2005: n. 5
2006: n. 6

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Centro Galicia de Olten : aniversario

Publicación societaria na que informa aos socios sobre as súas actividades e proxectos. Eles mesmo describen a revista como un "Boletín-historial". No número extraordinario con motivo do 25 aniversario do Centro, creado en 1964, informa das actividades realizadas pola entidade (festivas, folclóricas e deportivas etc.), incorporando unha serie de datos xeográficos sobre Galicia. En 1998 editan un especial dedicado ao décimo aniversario do funcionamento do seu grupo folclórico Aires e Follas da Terra.

Números conservados en formato papel:

1989: XX aniversario
1994: XXV aniversario
1998: X Aniversario Grupo folclórico Aires e Follas

Centro Galicia de Olten

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Xuntanza : voceiro do Centro Galego

Esta publicación societaria foi editada coa finalidade de «informarnos y asesorarnos sobre las cosas que nos conciernen a todos los que nos encontramos fuera de nuestra patria». O contido é diverso, pero céntrase na vida interna da institución, noticias da colectividade e doutras entidades, e inclúe artigos sobre emigración, lingua, cultura galega, bibliografías, etc.

Números conservados en formato papel:

1992: n. [0]-1
1993: n. 2
1995: maio
1997: novembro

Centro Gallego de Winterthur

Resultados 81 a 100 de 705