Amosando 404 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega España Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

Boletín Informativo da Agrupación Galaica : Órgao de difusión mensual da Agrupación Galaica da Irmandade Galega de Venezuela

Este boletín foi creado pola Agrupación Galaica, o sector máis nacionalista dentro dos diversos grupos que integran a Hermandad Gallega de Venezuela, para informar sobre as actividades, programas e opinións deste grupo. Complementa esta información con diversas achegas sobre a cultura galega, principalmente notas biográficas de galegos ilustres.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1 (marzal), abril/maio
1989: abril/maio

Hermandad Gallega de Venezuela

Aires da miña terra

Esta revista societaria esta editada para informar aos socios da Sociedade Terra de Celanova e Baixa Limia, A.C., das actividades organizadas e «...saldrá por los caminos de Venezuela todas aquellas facetas que constituyan el acervo cultural e histórico de las Terras de Celanova e Baixa Limia».

Números conservados en formato papel:

2002: n. 1-2
2003: n. 3-4
2004: n. 5-6
2005: n. 7-8
2006: n. 9-10
2007: n. 11-12
2008: n. 13-14
2009: n. 15
2010: n. 18

Terras de Celanova e Baixa Limia A.C.

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

El Agrario: Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.

O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Acción Española : Órgano Oficial de los Centros Unión Montañesa y Centro Gallego

Esta revista foi creada e dirixida por Manuel Vidal para «estrechar los lazos con los países hispanos y especialmente la fraternidad hispano-mexicana». Aparecen numerosos artigos sobre o hispanoamericanismo pero tamén textos literarios, noticias e información sobre asociacións españolas creadas en México (especialmente do Centro Gallego de México e da Beneficencia Española), noticias sociais da colectividade española asentada no país azteca e de persoeiros destacados.

Números conservados en formato microfilme:

1924: n. 27-30, 34-35, 37
1925: n. 38, 40-41, 44-45
1926: n. 46, 50
1927: n. 51-55
1928: n. 56-57
1929: [n.s.] n. 4
1932: n. 1-2
1934: n. 1

Centro Gallego de México, A. C.

Cartas sobre a revista Vieiros

Cartas sobre a Revista "Vieiros", editada polo "Padroado da Cultura Galega de México", conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Carta informando da creación da revista (abril 1959)
  • Carta enviada a Manuel Gurriaran El Barco con motivo do envío do n. 3 da publicación (20/11/1965)

Padroado da cultura galega en México

Vieiros : Revista do Padroado da Cultura Galega de México

Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

1959: n. 1
1962: n. 2
1965: n. 3
1968: n. 4

Padroado da cultura galega en México

Casa de Galicia de Unidad Gallega

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades desenvolvidas pola entidade editora, marcadamente republicana e galeguista durante os seus primeiros anos. Constitúe, tal e como aparece no subtítulo, a memoria anual das actividades e feitos máis salientables da vida societaria (directiva, comités, comisións para accións concretas, movemento de socios, balances económicos, etc.). Contén ademais algúns artigos, opinións e traballos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia, redactados por intelectuais galegos de recoñecido prestixio.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

1941: n. extraordinario
1944

Orixinal:

1958
1963
1965 (25º aniversario)
1965/1966
1966/1967
1967/1968
1968/1969
1969/1970 (30º aniversario)
1970/1971
1973/1974
1974/1975
1981/1983
1993/1996
2002 (62º aniversario)

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:

1970/1971
1971/1972
1972/1973

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Peña Galega. Club España

Este boletín societario está editado coa finalidade de dar a coñecer os actos que organiza a sociedade anualmente.

Números conservados en formato papel:

1998 (34º Aniversario)
1999 (35º Aniversario)

Club España de Newark, Peña Gallega

Anduriña : Portavoz de la Peña de Galicia del CEOC-California

Esta publicación societaria foi editada pola Peña de Galicia de California coa finalidade de informar aos seus socios das súas actividades e achegar Galicia aos galegos residentes en Estados Unidos. Contén principalmente noticias sobre o labor realizado por esta entidade e os seus membros («Falar da nosa Peña», «Sociedad»), información dos acontecementos da Galicia actual e, en menor medida, outros contidos como literatura galega, receitas de cociña («La cocina en Anduriña»), humor, pasatempos e cultura popular.

Números conservados en formato papel:

1992: n. 3-4
1993: n. 5
1994: n. 7-8
1995: n. 9
1996: n. 10
2000: n. 13
2001: n. 14
2003: n. 16

Peña Gallega del C.E.O.C

Memoria y balance general

Memoria social publicada pola sociedade "Unión de sociedades gallegas del Uruguay".

Número conservado en formato papel:

12/08/1987-17/10/1989

Unión de sociedades gallegas del Uruguay

Casa de Galicia

Revista editada pola "Casa de Galicia en Córdoba" que comeza a súa andadura no 10º aniversario societario, en 1996, para deixar constancia dos momentos máis importantes da súa historia.

Números conservados en formato papel:

1996: n. 0 (10º aniversario)
1998: n. 3

Casa de Galicia en Córdoba

Novas Nosas : Mensaxeiro do Centro Galego de La Rioja

Esta revista societaria informa sobre as actividades desenvolvidas polo Centro Galego, incluíndo varias seccións como o saúdo dalgunha personalidade ou unha mensaxe do presidente, como prólogo; colaboracións dos socios (normalmente poesías); «Ecos y noticias» que contén pequenas noticias sobre a entidade e algúns artigos que abordan diversos aspectos de Galicia.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 13, 15
1996: n. 18 (outubro)
1997: n. 20, 24
1998: n. 25
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2009
2010

Centro Galego de La Rioja

Galicia Terra Única

Esta revista editada polo Centro Galicia de Ponferrada ten a finalidade de dar a coñecer os actos culturais nos que participa a sociedade e conta con diversas colaboracións, reproducindo multitude de recortes de xornais onde aparecen novas da entidade.

Números conservados en formato papel:

1997: n. 1
2002 (10º aniversario)

Centro Galicia en Ponferrada

Aturuxo : Portavoz de la Casa de Galicia de Las Palmas

Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar das actividades realizadas pola institución e achegar a cultura e a actualidade galegas aos emigrantes residentes nas Palmas de Gran Canaria; contén artigos sobre gastronomía, cultura popular, emigración, localidades de Galicia, arquitectura, literatura, e con numerosas colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel:

1982: n. 11
1983: n. 12
1984: n. 13
1985: n. 14
1987: n. 16
1988: n. 17
1989: n. 18
1991: n. 20
1993: n. 22
1994: n. 23
1995: n. 24
1996: n. 25
1997: n. 26
1998: n. 27
1999: n. 28
2000: n. 29
2001: n. 30
2002: n. 31
2003: n. 32
2004: n. 33
2005: n. 34
2006: n. 35
2010: n. 39

Casa de Galicia de Las Palmas

Saudade Xove : Revista para galegos sen fronteiras

Esta revista de difusión interna está escrita pola xuventude da Agrupación Saudade, co obxectivo de achegar a cultura galega aos emigrantes de Cataluña. Inclúe artigos sobre literatura, historia, lingua, tradicións, turismo e gastronomía, que se completan con páxinas de ocio.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 1

Agrupación Cultural Galega Saudade

Arxela : Voceiro da Asociación Cultural "Cova da Serpe" de Barcelona

Esta publicación societaria foi editada en 1994 coa finalidade de informar sobre as actividades, proxectos e preocupacións da entidade editora, e servir de vieiro de comunicación entre os seus socios. Inclúe artigos sobre diversos aspectos da cultura e da actualidade galega: literatura, folclore, vilas e localidades, actividades do Día das Letras Galegas, etc.

Números conservados en formato papel:

1994: n. 0
1995: n. 1
1996: n. 2
1998: n. 4
2000: n. 6
2001: n. 7
2003: n. 9
2004: n. 10
2005: n. 11
2006: n. 12
2009: n. 15
2010: n. 16

Asociación Cultural Cova da Serpe

Feitos

Publicación anual tal e como seu nome indica donde informan das diversas actividades da asociación e dos negocios dos galegos residentes en Cataluña.

Números conservados en formato papel:

2005
2006

Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña

Resultados 81 a 100 de 404