Showing 5689 results

Archival description
Print preview View:

108 results with digital objects Show results with digital objects

Emblemas

Anagramas e Escudo da "Enxebre Orden da Vieira" conservados en formato orixinal (papel e tea).

Enxebre Orde da Vieira

Publicidade

Follas voandeiras con información sobre a Orde da Vieira, conservadas en formato papel:

  • Mesas especiais para xente nova
  • Atributos: metopa e gran venera

Enxebre Orde da Vieira

Festa Galega en honor a Santiago Apóstol

Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da festa de Santiago Apóstolo. Ten a finalidade de dar a coñecer o programa festivo organizado pola entidade editora; aproveitan para dar a coñecer as actividades societarias realizadas ao longo do ano. Inclúe ademais algúns artigos sobre Galicia.

Números conservados en formato papel:

  • 1998: I Festa Galega
  • 1999: II Festa Galega
  • 2000: III Festa Galega
  • 2001: IV Festa Galega
  • 2002: V Festa Galega
  • 2003: VI Festa Galega
  • 2004: VII Festa Galega
  • 2005: VIII Festa Galega
  • 2006: IX Festa Galega
  • 2008: XI Festa Galega
  • 2010: XIII Festa Galega

Agrupación Cultural Gallega Alborada

Centro Gallego Nós

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Carta do Presidente do Centro
Folletos do Certame das autonomías e xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe"
2 recortes de prensa do "Diari de Sabadell" e 1 recorte de "El 9 nou"
Revista "Nós : revista cultural"
Boletín "Galicia avui = Galicia hoxe"

Centro Gallego Nós

Galicia avui = Galicia hoxe

Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da Festa das autonomías para informar aos socios do Centro Galego Nós de Sabadell do programa de actividades que están organizadas para esa festa e na que participan diversas asociacións de españois asentados en Cataluña. Ademais dun saúda do seu presidente, hai algunha colaboración literaria e artigos sobre os grupos folclóricos e asociacións que colaboran na festa.

Números conservados en formato papel:

  • 2001
  • 2003
  • 2007

Centro Gallego Nós

Correspondencia enviada ao Consello da Cultura Galega

Correspondencia enviada ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel:

  • Carta enviada o 22/02/1999 para informar do cambio de Presidente da sociedade (fotocopia).
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
  • Carta enviada en xaneiro de 2002 para comunicar a renovación da Xunta Directiva.

Irmandade Galega de Rubí

Results 1161 to 1180 of 5689