Amosando 204 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Galicia en Valencia : Órgano Informativo de la Hermandad Gallega de Valencia

Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1
1993: n. 11
1994: n. 12

Hermandad Gallega de Valencia

Galicia Nueva : Semanario Regional

Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial.
Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista.
Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.

Números conservados en formato dixital:

1918: n. 1-12
1919: n. 13

Casa de Galicia de Montevideo

Galicia Terra Única

Esta revista editada polo Centro Galicia de Ponferrada ten a finalidade de dar a coñecer os actos culturais nos que participa a sociedade e conta con diversas colaboracións, reproducindo multitude de recortes de xornais onde aparecen novas da entidade.

Números conservados en formato papel:

1997: n. 1
2002 (10º aniversario)

Centro Galicia en Ponferrada

Galicia y Madrid : Periódico mensual de Galicia en Madrid

Esta publicación mensual foi editada pola colonia galega residente en Madrid para informar sobre Galicia, e en menor medida sobre as actividades dos galegos da capital de España. Consta de editorial, entrevistas, noticias do centro e dos galegos en Madrid.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 1-4
1999: verán

Centro Gallego de Madrid

Galiza hoxe

Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1986: xaneiro (n. especial)

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Galiza sempre

Esta publicación societaria foi editada para dar a coñecer, entre a colectividade galega asentada en Xenebra, o seu percorrido desde a súa fundación, actividades, etc. pero tamén informa sobre temas de interese para os emigrantes (dereito ao voto, etc.). Inclúe diversos traballos de creación literaria.

Número conservado en formato papel:

1992

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Heraldo Ortigueirés

Boletín informativo da sociedade "Naturales de Ortigueira" que vota a andar en 2005 coa intención de rescatar a revista homónima de que comezaron a publicar en 1942, para dar conta das convocatorias, os balances económicos e as actividades realizadas pola asociación.

Número conservado en formato papel:

2005: n. 1

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as súas actividades de carácter cultural e social e outros aspectos arredor da mesma (infraestruturas, relacións institucionais, órganos directivos, etc.). Combina esta información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural arredor de Galicia, España ou Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, opinións de intelectuais, etc.) e reproducións de artigos doutros xornais.

Números conservados en formato papel:

1973: n. 8-10
1990: 30º aniversario
1994: decembro
1995: abril
2000: 40º aniversario
2005: 44º aniversario

Hermandad Gallega de Venezuela

Hospital Espanhol

Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, das instalacións do hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 26
1999: n. 32
2000 (publicación conmemorativa do 115º aniversario)
2005 (publicación conmemorativa do 120º aniversario)

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Informativo Caballeros de Santiago : Boletín Informativo da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago

Este boletín societario está editado para informar sobre os diversos acontecementos que atinxen á colonia galega residente en Brasil e, especialmente, dos asuntos internos da entidade editora: ampliación dos servizos, presentación dos cursos de español, etc. Complétase con diversas colaboracións literarias e artigos sobre distintos lugares da xeografía galega.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

1997: n. 1

Orixinais:

1997: n. 2-7
1998: n. 8-13
1999: n. [14]-19
2000: n. 20-23

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Informativo do Sanatório Espanhol : Publicaçâo da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación trimestral está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, co directorio médico que financia a entidade para consultas dos socios, informacións sobre as instalacións do Sanatório Espanhol ou sobre enfermidades, etc.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 1
1991: n. 15; 18-19
1992: n. 20-22

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Informativo Hospital Espanhol : Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de Beneficencia, das instalacións do Hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1
2000: n. 3-4
2001: n. 5
2002: n. 7
2003: n. 14-16

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Informe do Hospital Espanhol : Órgâo oficial da Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación societaria está editada como órgano oficial da entidade para informar aos seus socios das actividades realizadas polo Hospital Espanhol, da súa propiedade, das súas instalacións e dos servizos que ofrece aos socios, etc. Tamén conta con noticias sobre a sociedade e un saúdo-editorial do seu presidente.

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Jaque : publicación mensual de la Peña "Alexandre Bóveda" por el progreso del ajedrez venezolano

A Peña de xadrez "Alexandre Bóveda", pertencente ao Lar Gallego de Caracas decide publicar esta revista coa intención de "acercar más a nuestros consocios y mantenerlos informados de cuanto interesante ocurra dentro y fuera de la Peña en este mundillo del Ajedrez". Tratan pois todos os aspectos sobre o mundo do xadrez, deporte moi popular en Venezuela, e ofrecen artigos sobre este mundo con noticias a nivel nacional e internacional "propendiendo en la modestia de sus fuerzas a la difusión y progreso del ajedrez en toda Venezuela".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1960: n. 1-12
1961: n. 13-19

Hermandad Gallega de Venezuela

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

La Hermandad Hoy

Boletín societario da "Hermandad Gallega de Venezuela" con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade.

Números conservados en formato papel:

2003: outubro
2004: maio

Hermandad Gallega de Venezuela

La Tentation : Centro Galego

Esta revista cultural está editada polo Centro Galego de Bruselas para informar das diversas actividades multiculturais que se organizan na cidade, centrándose sobre todo nos actos musicais, con entrevistas e reportaxes sobre artistas. Está escrita en alemán e francés. Tamén ofrece información sobre as actividades do centro e sobre os diferentes asuntos que consideran de interese para os galegos residentes no país belga.

Números conservados en formato papel:

1999: xaneiro/febreiro, marzo/abril, maio/xuño
2000: xaneiro/febreiro, marzo/abril, maio
2001: xaneiro, maio

Centro Gallego de Bruselas

Resultados 101 a 120 de 204