Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.
Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.
Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa". Conservado en formato dixital e impreso. Contén 199 actas dende o 27/01/1912 ata o 12/12/1922.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 31 actas dende o 03/11/1907 ata o 15/01/1912.