Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección
Regulamento da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol" aprobado o 18/04/1951 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato papel (48 páxinas).
Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.
Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Estatutos de "Lar Gallego de Pamplona" publicados en xaneiro de 1987 e aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 23/11/1986, conservados en formato papel.
Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.
Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) cuberta pola "Federación de centros gallegos de Castilla y León" en 1998, a solicitude do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel (fotocopias).
Programa do III Festival benéfico de habaneras organizado pola "Asociación de Damas de Nuestra Señora del Carmen" para o día 14/10/1976, conservado en formato papel.
Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.
Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.