Amosando 523 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

39 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libro de rexistro de propiedades

Libro de rexistro de propiedades e valores da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" de pisos, locais, terreos, … que actualmente están expropiados polo goberno cubano. Libro de 16 páxinas (04-05/1932) conservado en formato dixital.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Tarxeta social

Tarxeta social da Comisión de Visita a Enfermos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" co troquelado SBNG e o selo da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descend.", conservada en formato papel.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Regulamento

Regulamento da sociedade "La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica", conservado en formato papel (orixinal) e dixital:

  • Regulamento de 1937 (28 páxinas)

La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica

Estatutos do Centro Gallego de La Habana

Estatutos do "Centro Gallego de La Habana" (56 páxinas) aprobados en Xunta Xeral o 01/07/1887 e conservados en formato dixital.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Documentación do Plantel Concepción Arenal

"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Regulamento

Regulamento da "Delegación General del M.I. Centro Gallego de La Habana en Santiago de Cuba" (47 páxinas) aprobado o 09/10/1927 publicado en Santiago de Cuba en 1937, conservado en formato dixital e impreso.

Centro Gallego de La Habana. Delegación en Santiago de Cuba

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da sociedade "Calo y Viduido", conservada en formato dixital e impreso:

  • Acta do día 06/11/1920 (2 páxinas)

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Regulamento

Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Recreo, Protección y Seguros mutuos Calo y Viduido" (10 páxinas) aprobado o 17/04/1926, conservado en formato dixital e impreso.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Calo y Viduido", conservado en formato dixital:

  • Libro (60 follas) de rexistro de asociados dende 01/01/1925 ata 10/01/1985

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Contrato de arrendamento

Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Calo y Viduido" no Centro Gallego da Habana, conservado en formato dixital.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Modelo de nombramento

Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.

Carballino y su partido

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital:

  • Libro coas inscricións dos socios residentes en Tampa de 07-08/1924 (3 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Programa de actos dunha xira

Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Regulamento

Regulamento da sociedade "Club Navia de Suarna", aprobado en 1922 (33 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Recibo

Recibo de cobro da sociedade "Club Navia de Suarna" ao socio Teolindo López Arias, conservado en formato dixital.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Memoria social

Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Modelo de convite

Modelo de recibo de convite ao banquete que organiza a sociedade "Emigrados de Riotorto" para o día 27/07/1958, conservado en formato dixital.

Emigrados de Riotorto

Memoria dos anos 1915-1940

Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).

Emigrados de Riotorto

Resultados 101 a 120 de 523