Amosando 132 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Antillas Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

28 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libro de contabilidade

Libro de recadación de cuotas da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

  • Libro dende 1909 ata 06/1918 (143 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Contrato de arrendamento

Contrato de arrendamento entre o "Centro Gallego" e as sociedades de instrucción, asinado o día 01/04/1936 entre o Presidente do Centro Gallego e o da sociedade "San Simón y Samarugo" (2 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Escritura da Escola de Samarugo

Copia da escritura da Escola de Samarugo, da sociedade "Unión de San Simón y Saramugo" (9 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Unión de San Simón y Saramugo

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Unión de San Simón y Saramugo", conservado en formato dixital incompleto:

  • Libro de rexistro (1917-1947): dixitalizado dende 1917 ata o periodo 1920/1921 (30 follas)

Unión de San Simón y Saramugo

Escritura do Panteón

Escritura de rexistro da propiedade do Panteón da sociedade "Unión Trivesa" no Cemiterio de Cristóbal Colón (1986), conservada en formato dixital.

Unión Trivesa

Carta relativa á construcción dunha fonte e lavadoiro en Caxide

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
  • Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.

Unión Trivesa

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Unión Trivesa", conservado en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1921: dixitalizado ata 1929 (12 páxinas)

Unión Trivesa

Recibo

Recibo que certifica o pago da sociedade "Unión Trivesa" polo aluguer dunha vitrina ao "Centro Gallego de La Habana" (1961), conservado en formato dixital.

Unión Trivesa

Libro de tesourería

Libro de tesourería da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca", conservado en formato dixital:

  • Libro nº 4 dende 1948 ata 1952 (26 follas)

Monterroso y Antas de Ulla

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da "Unión de Villameá y Villaodrid", conservado en formato dixital:

  • Libro do ano 1965 (16 páxinas)

Unión de Villameá y Villaodrid

Estatutos

Estatutos xerais e Regulamento do retiro social da sociedade "El Valle de Lemos" (1953), conservados incompletos en formato dixital e impreso.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Listaxe de socios fundadores

Listaxe de socios fundadores da sociedade "El Valle de Oro", conservada en formato dixital:

  • Listaxe do ano 1907 (9 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Carta do Alcalde de Viveiro

Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.

Vivero y su comarca

Resultados 101 a 120 de 132