Showing 183 results

Archival description
Bos Aires (Cidade) Publicacións periódicas
Print preview View:

Xuntos : Boletín Informativo del Círculo Social Valle Miñor de Buenos Aires de los oriundos de los municipios de Bayona, Gondomar y Nigrán

Esta publicación societaria foi editada para informar das noticias da entidade e da súa sección uruguaia (memorias sociais de carácter anual, balances económicos, movemento de caixa, novos socios, regulamentos, acordos das comisións directivas, etc.). Abundan ademais as colaboracións e artigos divulgativos e de temática variada, destacando as referidas ao ámbito pedagóxico, á agricultura, historia de Galicia, etc.

Números conservados en papel:

1988: n. 1-3
1989: n. 6-7
1990: n. 10-12
2001: [n.s.] n. 1

Círculo social Valle Miñor

Asociación Residentes de Mos : aniversario

Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

  • 1951: 33º aniversario
  • 1952: 34º aniversario
  • 1953: 35º aniversario

Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo

Unión Estradense : Instrucción-Fomento-Cooperación

Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1929: n. 11-[12], 14

Unión estradense

Noela : Revista de la Sociedad del Partido Judicial de Noya

Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1941 (abril)
  • 1942 (abril)
  • 1943 (abril)
  • 1944 (abril)
  • 1945 (abril)
  • 1946 (maio)
  • 1947 (maio)

Hijos del partido judicial de Noya

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Asociación Hijos de Zas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dos diversos aniversarios fundacionais da asociación Hijos de Zas de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Números conservados en papel:

1998: 75º aniversario
2003: 80º aniversario

Asociación Hijos de Zas

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Results 101 to 120 of 183