Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.
Folleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Carta da "Unión de Mujeres Españolas" dirixida ao Presidente da Sociedade de Lalín en outubro de 1953 para instalos a apoiar a causa en favor dunha amnistía real.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
Libro de rexistro de socios da entidade Sociedad mutua y auxiliar de agricultores del municipio de Vedra dos anos 1920 a 1922 conservado en formato papel e en formato dixital.
Sociedad mutua y auxiliar de agricultores del municipio de Vedra
Folleto coa cartilla de profesionais sanitarios e prestacións ofrecidas pola Fundación Galicia Salud para a xestión sanitaria dos socios do Centro Gallego de Buenos Aires
O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 22 de maio de 1927 en contestación á recibida o día 8 explicándolle as condiciones que deben darse para que se podan levar a cabo as súas peticións e desestimando a súa renuncia como socio.
1 carta manuscrita (copia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Carta enviada pola Xunta Directiva do "Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos" ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, en xuño de 2008, coa relación de membros da xunta para o período 2008-2010, conservada en formato papel.
Folleto sobre a exposición de grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XIV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 4 de agosto de 1969.
Circular enviada pola sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" aos seus socios coas actividades anuais da sociedade (2003), conservada en formato papel (fotocopias).
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua