Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.
O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.
Xunto coa carta adxunta copia de:
Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
Estatutos (1954) (15 páxinas)
Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
Escritura do inmoble (5 páxinas)
Xunta directiva vixente (1 páxina)
Fotografías de encontros sociais (1 páxina)
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Libro de rexistro (23 páxinas) das obras pertencentes á biblioteca popular da "Sociedad pro-escuelas en Bandeira" que foron lidos a domicilio entre novembro de 1934 e maio de 1935, conservado en formato dixital.
Correspondencia entre o Delegado da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en Tampa e a Secretaría da sociedade na Habana, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (29/02/1912)
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (08/03/1912)
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo e Isidro Martínez (14/04/1912)
Carta enviada desde A Habana para o Delegado da sociedade en Tampa (29/01/1928)
Carta enviada por José Álvarez Teijeiro, do "Centro Galego de La Rioja", ao Consello da Cultura Galega, o día 06/01/1999, para facerlle chegar a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (8 páxinas) cuberta, conservadas en formato papel.
Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.
Documentación persoal de Francisco Grueiro Rivera, socio fundador da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela", conservados en formato dixital e impreso:
3 pasaxes de varias compañías navieiras
1 partida de nacemento
Correspondencia enviada e recibida
Recibís dos negocios familiares
Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado