Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).
Resumo das memorias correspondentes aos anos 1930-1937 da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela", publicadas na Habana en 1938 (110 páxinas), conservadas en formato papel (fotocopias).
Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado
Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.