Folleto da "Escuela Española de Danza" Tríptico e cartaz do Instituto Cervantes Folleto dos cursos da "Casa de España de Rio de Janeiro" Folleto co programa de actividades (1993) Folleto da "Casa de Espanha de Rio de Janeiro" Revista "Casa de España : Órgano oficial de divulgación de la Casa de España de Rio de Janeiro"
Este boletín informativo está editado para difundir entre os socios do Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor as actividades da súa directiva etc.
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Folleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:
Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)
Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".
Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.
Boletín da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela". Consta de dúas follas con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade durante a semana e que tamén se pode consultar na web da entidade galego-venezolana. A partir de xuño do ano 2005 pasa a titularse "Somos Hermandad: Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela".
Números conservados en formato papel:
Tips H.G.:
2005: n. 246-253, 255-258
Somos Hermandad:
2005: n. 264-265, 267-272 2008: n. 430-431 2009: n. 467 2010: n. 480-522
Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".