Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Libro do copiador e correspondencia enviada pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" nos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940, conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro
Memoria e balance do 21º exercicio correspondente ao ano 1942 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (18 páxinas), conservada en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño