Estatutos (1989) Carta enviada ao Arquivo da Emigración Galega (1991) con documentación adxunta:
Memoria e fins societarios
Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural Programas das festas de Santiago:
Folleto das festas de 1982
Folleto das festas de 1984
Folleto das festas de 1986
Folleto das festas de 2005
Folla voandeira das festas de 2005 Bases do concurso infantil de redacción:
Tríptico coas bases do concurso de 1989
Díptico coas bases do concurso de 1994 Marcapáxinas publicitario do número 40 da revista "O xistral" Revista "Vagalume" Revista "O Xistral" Revista "A Catrapola : Voceiro da Xente Nova do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo" Revista "Revista Cultural" Boletín "Festas do Santiago"
Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:
Memoria e fins societarios
Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural
Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.
Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante"). Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Números conservados en formato papel:
1984 (220 x 156 mm) 1986 (215 x 150 mm) 2005 (tamaño A4)
Esta publicación foi editada para achegar a actualidade da entidade aos seus socios (actividades, local social, xunta directiva, etc.) e inclúe información sobre a sociedade galega en xeral con artigos de carácter cultural, económico, político e social (convenios colectivos, autonomía, etc.).