Showing 5665 results

Archival description
Print preview View:

82 results with digital objects Show results with digital objects

Coro Universitario Galego de Barcelona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

8 programas das xuntanzas de coros galegos de Cataluña (1997-2004)
Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas
Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona"
2 folletos co programa do "Cicle de música a la Universitat de Barcelona"
Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005
Cartaz deseñado polo Coro Universitario Galego de Barcelona para buscar novas voces
Libro polo decenario do debut do Coro
Libro/CD Porgaleuzca
Revista "Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals"

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals

Revista editada pola "Federació Catalana d'Entitats Corals" (FCEC) para dar conta do panorama da música coral. Cun contido eminementemente informativo e formativo, divídese en seccións de: teoría musical, informes, biografías de compositores, discografía, bibliografía, información xeral, partituras comentadas, etc. Tiña a intención de ser un órgano de expresión de todas as preocupacións, un medio independente de expresar todas as ideas e opinións, todas as tendencias e manifestacións da música coral, sen ningún obstáculo, por iso hai tamén unha sección para os seus libros.

Números conservados en formato papel:

2005: n. 21-22

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programa da Festa Galega 1991

Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.

Irmandade Galega de Sallent

Documentación do Festival Musical Galego

Folletos co programa do Festival Musical Galego organizado anualmente pola Asociación Cultural Cova da Serpe, conservados en formato papel:

  • Cartaz do V Festival Musical Galego (628 x 418 mm) para os días 21 e 22 de abril de 1990.
  • Folleto do VIII Festival Musical Galego (216 x 154 mm) para os días 24 e 25 de abril de 1993.
  • Díptico do XXII Festival Musical Galego (216 x 100 mm) para os días 20 a 22 de abril de 2007.

Asociación Cultural Cova da Serpe

Results 1181 to 1200 of 5665