Amosando 5665 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

82 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Libro do Panteón Social

Libro do Panteón Social dende o 19/10/1931 ata o 14/12/1998 (64 páxinas), que contén o título de propiedade, conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Correspondencia enviada pola Sociedade

Correspondencia enviada pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • Circular enviada aos socios (11/09/1957)
  • Circular enviada aos socios (02/1958)
  • Circular enviada aos socios (05/1958)
  • 2 cartas enviadas ao Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez (1958).
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)
  • 2 certificados asinados polo Director da sociedade, Lázaro Seco y Alonso (05/10/1959)
  • Informe da Comisión de Glosa (23/02/1960)
  • Informe da Dirección

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Unión Residentes de Dodro" do ano 1940 a 1981 (47 follas), conservado en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1921-1956, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

El Agrario: Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.

O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Resultados 1261 a 1280 de 5665