Showing 704 results

Archival description
Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Alicante

Esta revista societaria foi creada coa finalidade de dar a coñecer as actividades desenvolvidas polo Centro Galego e contribuír ao espallamento da cultura galega. Inclúe entrevistas e biografías de galegos ilustres, lembranzas e opinións persoais, traballos sobre vilas e lugares de Galicia, artigos sobre a emigración, a arte, a lingua e a literatura galegas, etc. Complétase con colaboracións literarias e artigos sobre a rexión levantina.

Números conservados en formato papel:

1990: n. 1-3
1991: n. 4

Centro Gallego de Alicante

Adiala : Voceiro do Centro Gallego de Mallorca

Esta revista responde ao esquema de publicación societaria e inclúe principalmente información sobre a entidade editora e as súas actividades (movemento de socios, elección de comisións directivas, memorias anuais, festas, etc.), acompañada de artigos de contido diverso sobre Galicia: turismo, economía e empresa, cultura popular, emigración, novas de actualidade, etc. Complétase con seccións gastronómicas, páxinas de humor, poesía, contos, refráns, notas divulgativas, etc.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-2
1990: n. 3-4
1992: n. 12
1993: n. 15, 17-18
1994: n. 19-20, 22
1995: n. 23-26
1996: n. 27-30
1997: n. 31-32, 34
1998: n. 35-38
1999: n. 39-42
2000: n. 43-45
2001: n. 47-50
2002: n. 51-53
2003: n. 55-56, 58
2004: n. 59-62
2005: n. 64-66
2006: n. 67/68
2009: n. 79/80

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals

Revista editada pola "Federació Catalana d'Entitats Corals" (FCEC) para dar conta do panorama da música coral. Cun contido eminementemente informativo e formativo, divídese en seccións de: teoría musical, informes, biografías de compositores, discografía, bibliografía, información xeral, partituras comentadas, etc. Tiña a intención de ser un órgano de expresión de todas as preocupacións, un medio independente de expresar todas as ideas e opinións, todas as tendencias e manifestacións da música coral, sen ningún obstáculo, por iso hai tamén unha sección para os seus libros.

Números conservados en formato papel:

2005: n. 21-22

Coro Universitario Galego de Barcelona

O Noso Lar

Esta publicación societaria foi editada para conmemorar o 25 aniversario fundación da sociedade O Noso Lar de Terrassa (Barcelona). Ademais de facer un percorrido histórico polos principais fitos e actividades da entidade, conta con artigos sobre Galicia, autores galegos, etc. Hai tamén varias entrevistas a socios fundadores e directivos.

Número conservado en formato papel:

2007: 25º aniversario

Irmandade Galega O Noso Lar

Fiesta de las Nacionalidades y Comunidades Autónomas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.

Números conservados en formato papel:

  • 1987: VIII festa
  • 1989: X festa
  • 1990: XI festa
  • 1991: XII festa
  • 1992: XIII festa
  • 1996: XVII festa
  • 2000: XXI festa
  • 2001: XXII festa
  • 2004: XXV festa
  • 2005: XXVI festa
  • 2006: XXVII festa
  • 2007: XXVIII festa
  • 2008: XXIX festa
  • 2010: XXXI festa
  • 2011: XXXII festa
  • 2012: XXXIII festa

Irmandade A Nosa Galiza

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Galiza hoxe

Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1986: xaneiro (n. especial)

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Semana das Letras Galegas

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade centradas na celebración do Día das Letras Galegas, con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato papel:

1990
1991
1992
1995
2000
2004
2005
2006
2009
2010

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Fogar de Breogán : Voceiro do Centro Galego de Hannover

Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.

Número conservado en formato papel:

1988: setembro

Centro Gallego de Hannover

Results 121 to 140 of 704