Amosando 149 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple Folletos
Previsualización da impresión Ver:

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Folleto con "Cantigas Galegas"

Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente"

Folleto que recolle a disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente" de Fernando Bayardo Bengoa no acto organizado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no Parafinfo da Universidad de la República con motivo do Día das Letras Galegas de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Programa de acto cultural

Folleto editado pola Casa de Galicia de Montevideo co programa cultural deseñado en celebración do 64º aniversario social para o día 23/10/1981, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Folleto polo Día das Letras Galegas

Folleto co currículo de Úrsula Heinze e o programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997 polo "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas" (CELGA) da Universidade Federal da Bahía (UFBA), coa colaboración da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago, conservado en formato papel.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Folleto do 8º aniversario

Folleto editado en 1941 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 8º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Folleto sobre actuación teatral

Díptico sobre a actuación da compañía de teatro Anduriña "Petición de man" organizada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e celebrada o 14/06/1997, conservado en formato papel.

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Folleto "Fotógrafos en la Posada del Potro"

Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)

Casa de Galicia en Córdoba

Folleto sobre o festival de habaneras

Programa do III Festival benéfico de habaneras organizado pola "Asociación de Damas de Nuestra Señora del Carmen" para o día 14/10/1976, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Barcelona

Programa da mostra en Compostela

Programa da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Folleto de "O fidalgo"

Folleto sobre a representación teatral "O fidalgo" organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo o día 17 de xuño de 1989 baixo o auspicio da "Unión de Sociedades Gallegas".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto sobre xornadas culturais

Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006 organizadas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro", conservado en formato papel.

Centro Gallego de Barcelona

Resultados 121 a 140 de 149