Amosando 251 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Lugo (Provincia)
Previsualización da impresión Ver:

22 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca

Correspondencia varia

Correspondencia conservada en formato dixital e impreso:

  • Circular informando aos socios da sociedade "Progreso de Lousada" da estafa acometida pola anterior Xunta Directiva e solicitando o pago da cuota social (10/09/1932)
  • Carta concediendo terreos para construir un Panteón no cemiterio da parroquia de San Pedro de Santaballa a favor da sociedade "Progreso de Lousada", a iniciativa do socio José Fernández Pernas (03/09/1935)
  • Carta do Vicesecretario da Chancillería do Obispado de Mondoñedo, Gabriel Pita da Viega, ao cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez sobre o traslado duns restos mortais (03/09/1935)
  • Informe do cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez Ocampo (22/10/1935)

Progreso de Lousada

Memoria bienio 1954-1956

Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Progreso de Lousada

Sociedad Roupar y Lousada: Actas de Juntas Generales 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 16 primeiras actas, ata o 30/08/1964 (23 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Modelos de folios

Folios orixinais da entidade, conservados en formato papel:

  • Folio co timbre: "Sociedad Roupar y Lousada, Centro Gallego, Habana"
  • Folio co timbre: "Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia, Palacio del Centro Gallego, La Habana. Miembro de la Federación de Sociedades Españolas de Cuba. Miembro de la Federación de Sociedades Gallegas de Cuba"

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 32 actas (56 páxinas) dende o 01/04/1917 ata o 25/06/1919
  • Libro con 158 actas (320 páxinas) dende o 23/08/1919 ata o 10/02/1933
  • Libro con 105 actas (200 páxinas) dende o 20/04/1933 ata o 15/03/1943

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 32 actas (74 páxinas) das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 22/04/1917 ata o 31/05/1923

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Regulamentos

Regulamentos da sociedade "El Valle de Oro":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado o 28/12/1916 (6 páxinas)

Conservado en formato papel e dixital:

  • Regulamento aprobado o 11/07/1945 (32 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente do Panteón da sociedade "El Valle de Oro" situado no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservada en formato dixital:

  • Título de propiedade (1929)
  • Duplicado do título de propiedade (1955)
  • Fotografía do panteón

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Listaxe de socios fundadores

Listaxe de socios fundadores da sociedade "El Valle de Oro", conservada en formato dixital:

  • Listaxe do ano 1907 (9 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital incompleto e impreso:

  • Libro número 1 dende o 03/01/1912 ata 01/1928: dixitalizadas as actas nº 1-4 e nº 6 do libro, dende xaneiro ata xullo de 1912 (25 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Recibos de cobro

Recibos de cobro da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservados en formato dixital e impreso: anos 1926, 1959 e 1960.

Círculo Habanero de La Devesa

Programa de actos dunha xira

Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Regulamentos

Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.

Hijos de San Miguel y Reinante

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservados en formato dixital:

  • Libro con 245 actas dende o 27/02/1917 ata o 14/10/1937 (400 páxinas)
  • Libro con 103 actas dende o 01/01/1939 ata o 18/06/1947 (300 páxinas)
  • Libro con 32 actas das eleccións e tomas de posesión de directivos dende o 20/12/1938 ata o 17/01/1971 (95 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Regulamentos

Regulamentos da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción":

Conservados en formato dixital e impreso:

  • Borrador do Regulamento aprobado o 01/11/1907 (28 páxinas)
  • Regulamento da Xunta Administrativa aprobado o 27/03/1917 (22 páxinas)

Conservado en formato papel:

  • Bases e Regulamento aprobado o 01/11/1907 (48 páxinas) (fotocopias)
  • Regulamento aprobado o 09/01/1917 (15 páxinas) (fotocopias)
  • Estatutos xerais e Regulamentos interiores aprobados o 27/03/1917 e publicados en 1926 (67 páxinas) (fotocopias)
  • Regulamento xeral aprobado o 14/04/1931 (64 páxinas) (fotocopias)
  • Regulamento xeral aprobado o 26/07/1942 (68 páxinas) (fotocopias)
  • Regulamento aprobado o 11/11/1970 (39 páxinas) (orixinal e fotocopias)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Listaxes de socios

Listaxes de socios da sociedade conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Listaxe de 1908-1909
  • Listaxe de 1917
  • Listaxe de 1921
  • Listaxe de 1922
  • Listaxe de 1927
  • Listaxe de 1928
  • Listaxe de 1930
  • Listaxe de 1933

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Resultados 121 a 140 de 251