Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Guía publicada por GRUGALMA Ediciones: "Guía cultural del Camino madrileño-castellano de Santiago : la ruta matritense-centrocastellano-norzamorana, o de la España Central, a Compostela", conservada en formato papel.
Estatutos de "Lar Gallego de Pamplona" publicados en xaneiro de 1987 e aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 23/11/1986, conservados en formato papel.
Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.