Esta publicación societaria, órgano oficial da sociedade editora, informa sobre as actividades e xestións das xuntas directivas, con numerosas noticias sobre a súa terra natal. Conta tamén con pequenos artigos ou reproducións de traballos literarios de escritores galegos.
Número conservado en formato dixital e papel (impresión dixital):
Órgano societario da asociación de emigrantes de Chantada en Bos Aires que informa sobre as actividades da entidade; contén tamén notas sociais e culturais sobre Chantada e a súa comarca.
Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.
Esta publicación societaria foi editada para informar das actividades realizadas pola entidade e das novas sociais, incluíndo noticias da actualidade de Silleda, algúns artigos de temática variada e colaboracións literarias.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.
Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.
Carta dirixida ao Secretario da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" para comunicar a constitución da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda", conservada en formato papel. Xunto coa carta ía adxunto un folleto coa convocatoria do II Congreso para a constitución da "Confederación Regional de Agricultores Gallegos" e do "Partido Agrario Gallego" (8 páxinas)
Carta enviada ao Presidente e membros da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" por González Bayon, Secretario Xeral, e Jose Blanco Amor, Secretario, do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española" solicitando que se adhieran ao seu manifesto en favor da paz e pola retirada dos extranxeiros da contenda española, conservada en formato papel.