Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Acta constitutiva da fusión das sociedades Lar Gallego, Centro Gallego e Casa de Galicia, creando unha nova entidade denominada Hermandad Gallega de Venezuela, conservada en formato dixital:
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta polo "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada" a instancia do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Acta de constitución da entidade "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.