Esta publicación societaria aparece como un suplemento da revista «Alma Gallega», voceiro oficial da entidade do mesmo nome. O número consultado de 1989, fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos setenta anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín dos servizos asistencias que ofrecen.
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:
Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina
Informe da Comisión Directiva da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" sobre o exercicio financieiro 1947-1948 conservado en formato orixinal mecanografado.
Memoria e balance do 21º exercicio correspondente ao ano 1942 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (18 páxinas), conservada en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño
Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":
Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.