Amosando 378 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Publicacións
Previsualización da impresión Ver:

2 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Biografía de Domingo Maza Calvo

Artigo dedicado a Domingo Maza Calvo (pp. 1274-1277) da monografía de Alberto Vilanova Rodríguez: "Los Gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia, 1966. Vol. II". Este escultor galego realizou un busto de Castelao por encargo desta entidade.

Centro Betanzos

Instituto Argentino de Cultura Gallega

1 díptico co programa de actividades a realizar no Salón Castelao pola homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento no 27/09/1973 coa signatura AE/Arxentina/foll5
1 díptico co catálogo de publicacións de Edicións Galicia (década 1970)
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 2 de xullo ao 2 de agosto de 1987, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa do "Cursillo sobre historia de Galicia" impartido por Alfonso Vázquez Monxardin do 28 de setembro ao 21 de outubro de 1987 no Teatro Castelao e recorte de prensa co anuncio
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 29 de xuño ao 25 de xullo de 1988, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, coa signatura AE/Arxentina/foll3
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 19 ao 28 de xullo de 1990, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990
1 tríptico co programa xeral da actividades culturais a realizar no Teatro Castelao do 20 de abril ao 6 de decembro de 1996

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Convite á conferencia de Carlos Zubillaga Barrera

Convite á conferencia "Galicia y los gallegos en la literatura uruguaya" de Carlos Zubillaga Barrera o día 17/10/1985 en conmemoración do 68º aniversario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Publicidade

Follas voandeiras con información sobre a Orde da Vieira, conservadas en formato papel:

  • Mesas especiais para xente nova
  • Atributos: metopa e gran venera

Enxebre Orde da Vieira

Folleto do 8º aniversario

Folleto editado en 1941 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 8º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Folletos "Tu salud nos importa"

Folleto e tríptico de difusión dos servicios asistenciais ofrecidos pola Casa de Galicia de Montevideo, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Estatutos

Estatutos de 2004 da "Real sociedade espanhola de beneficência" (34 páxinas), conservados en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Folleto sobre actuación teatral

Díptico sobre a actuación da compañía de teatro Anduriña "Petición de man" organizada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e celebrada o 14/06/1997, conservado en formato papel.

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Folleto do 7º aniversario

Folleto editado en 1940 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 7º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Folleto sobre o FONASA

Folleto de difusión dos planes de afiliación ofrecidos pola Casa de Galicia de Montevideo, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Documentos das Xornadas Galegas

Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:

  • "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
  • Programa das IIª Xornadas de 1974

Irmandade Galega na Suiza

Folletos sobre exposicións

Folletos das exposicións artísticas organizadas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • Díptico da exposición de debuxos e óleos de Masito: 1990 (212 x 107 mm)
  • Díptico da exposición de pintura de Amelia López (213 x 151 mm)
  • Folla voandeira da mostra de obras de pequeno formato de Couselo: 2006 (109 x 150 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Resultados 121 a 140 de 378