Amosando 312 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Publicacións
Previsualización da impresión Ver:

2 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Documentación sobre as xuntanzas de coros galegos de Cataluña

Documentación relativa á "Xuntanza de coros galegos de Catalunya", conservada en formato papel:

Folletos co programa:

  • Tríptico da 1ª xuntanza: 19/04/1997
  • Tríptico da 2ª xuntanza: 13/06/1998
  • Tríptico da IIIª xuntanza: 17/04/1999
  • Tríptico da IVª xuntanza: 27/05/2000
  • Folla voandeira da 5ª xuntanza: 16/06/2001
  • Tríptico da VIª xuntanza: 25/05/2002
  • Tríptico da VIIª xuntanza: 17/05/2003
  • Tríptico da VIIIª xuntanza: 05/06/2004

Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Documentación do Plantel Concepción Arenal

"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Estatutos de Hijas de Galicia

Estatutos de "Hijas de Galicia":

  • Estatutos reformados o 29/11/1938 e aprobados o 03/12/1938, conservados na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Conservada copia dixital e impresa incompleta.
  • Estatutos aprobados o 29/02/1944 (90 páxinas), conservados en formato dixital.

Hijas de Galicia

Estatutos de Naturales de Ortigueira

Estatutos xerais da sociedade "Naturales de Ortigueira":

  • Estatutos aprobados os días 25-26/10/1941 (90 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados o día 14/12/1944 (101 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados os días 08-22/05/1957 (122 páxinas), conservados en formato papel (fotocopias)

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Homaxe a Castelao

Homaxes a Castelao publicadas polo Grupo Galego de Aarau, no 25º aniversario da súa morte (1975) e no centenario do seu nacemento (1986), conservadas en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Estatuto de Galiza

Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado polo Grupo Galego de Aarau, conservado en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Folleto "Betanzos honra a sus mártires"

Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.

Centro Betanzos

Folletos sobre a Escola de lingua e danza española

Tríptico sobre a aprendizaxe de español e danza no Centro "Caballeros de Santiago", conservado en formato papel:

  • Tríptico "Si no habla baila!"
  • Tríptico "Noite Espanhola"
  • Díptico "Aqui, quem nao aprende espanhol, dança"
  • Folla voandeira "La fuerza del español en el mundo"

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Guía cultural

Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.

Casa de Galicia en Córdoba

Programa da comedia "Anacleto se divorcia"

Programa da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.

Irmandade A Nosa Galiza

Folleto do 3º aniversario

Folleto editado en xullo de 1936 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 3º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Documentos sobre o certame de poesía en lingua galega

Documentos sobre o certame de poesía en lingua galega celebrado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • Díptico de 1998 (214 x 101 mm)
  • Políptico de 2004 (214 x 76 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Resultados 121 a 140 de 312