Amosando 570 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

1 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Maside : Órgano de la Asociación Hijos del Ayuntamiento de Maside

Esta publicación societaria, órgano oficial da sociedade editora, informa sobre as actividades e xestións das xuntas directivas, con numerosas noticias sobre a súa terra natal. Conta tamén con pequenos artigos ou reproducións de traballos literarios de escritores galegos.

Número conservado en formato dixital e papel (impresión dixital):

  • 1959: n. 1

Asociación Hijos del Ayuntamiento de Maside

As 4 Aldeas : Revista oficial de la sociedad Hijos de Ois de ayuda mutua

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1923: n. 1 (fotocopia)
  • 2002: n. 21
  • 2004: n. 29
  • 2006: n. 38
  • 2014: n. 62

Números conservados en formato dixital:

1999-2007: n. 1-40

Hijos de Ois de ayuda mutua

Revista de la Sociedad Hijos de Ois

Revista societaria editada pola entidade parroquial do seu nome. Conta con información para os socios tanto da marcha da sociedade como do seu interese; ademáis ten artigos sobre Arxentina e Galicia, temas culturais, textos literarios e poemas reproducidos de autores recoñecidos. Comezou chamándose "As 4 aldeas" (vid. ficha)

Números conservados en papel (fotocopias):

1925: n. 3

Hijos de Ois de ayuda mutua

Noela : Revista de la Sociedad del Partido Judicial de Noya

Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1941 (abril)
  • 1942 (abril)
  • 1943 (abril)
  • 1944 (abril)
  • 1945 (abril)
  • 1946 (maio)
  • 1947 (maio)

Hijos del partido judicial de Noya

Asociación Hijos de Zas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dos diversos aniversarios fundacionais da asociación Hijos de Zas de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Números conservados en papel:

1998: 75º aniversario
2003: 80º aniversario

Asociación Hijos de Zas

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Lume novo

Este fondo consta da seguinte documentación en formato papel:

  • Folleto sobre exposición de artesanía e postais galegas
  • 4 convites
  • Boletín "Lume novo"

Lume novo

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Loita : Movimento Galego de Liberdade Nacional

Esta publicación de carácter político, xa desde o seu primeiro número, amosa o seu ideario, cun manifesto ao pobo no que se reclama o recoñecemento de Galicia como nación, defendendo o labor político nacionalista, sobre todo o realizado alén mar, describindo as actividades realizadas en Bos Aires en pro destas ideas. Igualmente aparecen artigos sobre Galicia, criticando a súa situación política e económica.

Números conservados en papel:

Fotocopia:

1959: n. 1

Orixinal:

1959: n. 2

Hijos de Ois de ayuda mutua

Opinión Galeguista : Páxina da Organización Nazonalista Repubricana Galega de Bos Aires

Esta publicación de carácter político foi editada pola delegación do Partido Galeguista en Bos Aires. A súa finalidade foi a difusión das ideas nacionalistas no seo da colectividade porteña e informar sobre as actividades organizadas polos galeguistas, tanto en Galicia como na emigración. A maior parte dos artigos versan sobre os postulados do nacionalismo galego e a defensa do proxecto político do Partido Galeguista.

Conservados en formato microfilme e papel:

  • 1934: n. 3 (fotocopia)

Conservados en formato microfilme:

  • 1934: n. 2
  • 1935: n. 4-10

Organización republicana galega autónoma

Sada, Oleiros

Esta revista societaria está editada por dúas sociedades de emigrantes naturais de dous concellos veciños, Sada e Oleiros, para informar aos seus socios das súas respectivas actividades sociais e con artigos sobre estes concellos e sobre Galicia en xeral.

Número conservado en papel (fotocopias):

1980

Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa

Resultados 121 a 140 de 570