Showing 2474 results

Archival description
Centros Galegos
Print preview View:

123 results with digital objects Show results with digital objects

Golada : Boletín editado por la Sociedad del Ayuntamiento de Golada

Este boletín está editado con motivo da celebración do aniversario fundacional da Sociedad del Ayuntamiento de La Golada para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas. Conta tamén con noticias sociais e reprodución de poemas ou textos literarios.

Números conservados en formato papel:

  • 1944: 14º aniversario
  • 1948: 18º aniversario

Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservados en microficha os anos 1908-1923, 1945-1967.

Conservado en formato orixinal o libro dos anos 1908-1919.

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Libro de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" conservados en formato orixinal:

  • 1908-1911 (28 follas)
  • 1914-1922 (101 páxinas)

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Carta enviada á sociedade "Hijos del Partido de Lalín"

Carta do Presidente, Julio Lalín, e o Secretario, Antonio Castro, da "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires", dirixida ao Presidente da Asociación "Hijos del Partido de Lalín" o día 08/01/1973 con respecto á fusión de ambas entidades.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Carta enviada a Manuel Sánchez Gresande

Carta enviada pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires, auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el partido" a Manuel Sánchez Gresande, en contestación a unha petición previa.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Inventario de útiles

Inventario de útiles da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" dos anos 1922-1923 conservado en formato microficha.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Folletos de festivais

Documentos editados pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" durante os anos 1926-1954:

  • Cartel con motivo do Festival anual celebrado o 12/12/1926.
  • Folleto "Gran velada artística y danzante" organizada por esta sociedade e "Hijos de Golada" para o día 16/05/1942 (16 páxinas).
  • Díptico "Homaxe da Colectividade Galega a Alfonso R. Castelao" a modo de xantar o día 02/07/1944.
  • Folleto "Gran festival artístico y danzante" organizado para o día 28/07/1945 para recaudar fondos en favor do edificio social (14 páxinas).
  • Díptico "Gran festival artístico y danzante" sobre a actuación de Antoñita Colome o día 05/06/1954.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Documentación da Comisión Pro-Unidad

Documentación da Comisión Pro-Unidad:

  • Proposta das sociedades lalinenses para facer a Fusión (28/09/1979) (1 páxina)
  • Convenio de fusión das sociedades do Partido de Lalín (28/08/1980) (3 páxinas)

Centro Lalín de Buenos Aires

Centro Lalín, Golada y Silleda de Buenos Aires

Esta revista societaria informa sobre as actividades da sociedade creada polos emigrantes da comarca do Deza residentes en Bos Aires e das noticias de Galicia. Contén ademais noticias sobre os concellos da comarca.

Números conservados en papel:

  • 2001
  • 2004
  • 2005
  • 2006

Centro Lalín de Buenos Aires

Negreira : Revista del Centro Unión Hijos del Partido Judicial de Negreira

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades da sociedade, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia. Conta con diversas seccións fixas como as memoria e balance económico da entidade, listas de novos socios, crónicas do banquete social polo aniversario, "galería infantil", "necrolóxicas". Tamén hai poemas e artigos literarios, contos e notas da actualidade social e cultural galega.

Números conservados en microfilme:

  • 1945: n. 5 (maio)
  • 1946: n. 6 (decembro)
  • 1947-1948: n. 7 (decembro)

Centro Unión hijos del partido judicial de Negreira

Becerreá : Revista del Centro Recreativo del Partido de Becerreá

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades da sociedade, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1939: n. 7 (xullo)
  • 1944: n. 11 (xaneiro)
  • 1945: n. 13 (decembro)
  • 1947 (s/n)

Centro recreativo del partido de Becerreá

Memorias e balances

Memorias e balances dos exercicios sociais da sociedade "Hijos del Partido Judicial de Noya".

Números conservados en microfilme:

  • 1932-1933
  • 1933-1934
  • 1934-1935
  • 1935-1936
  • 1936-1937
  • 1937-1938
  • 1938-1939
  • 1939-1940

Hijos del partido judicial de Noya

Results 1401 to 1420 of 2474