Amosando 5700 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

126 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Convites á conferencia de Luisa Castro

Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Convites a conferencias co gallo do Día das Letras

Convites a conferencias organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya co gallo do Día das Letras, conservados en formato papel:

  • Xosé Ramón Barreiro Fernández: "A Real Academia Galega : pasado, presente e futuro" (12/05/2007)
  • Xosé María Álvarez Cáccamo: "Xosé María Álvarez Blázquez. A terra, os libros, a poesía" (10/05/2008)
  • Carlos Sixirei Paredes: "Reflexión a partir da figura de Uxío Novoneira" (28/05/2010)

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Conxunto Artístico Galego Breogán

Este fondo consta da seguinte documentación en formato papel:

1 catálogo sobre unha feira de artesanía galega
1 convite a un acto en conmemoración do Día das Letras Galegas de 1968
1 manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega
1 memoria de actividades do grupo relativa a 1967-1968

Conxunto artístico galego Breogán

Coral Galega Os Rumorosos

Este fondo consta da seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta mecanografada de José Ares Miramontes (1957)
Carta manuscrita de Ramón Otero Pedrayo (1958)
Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego (1968)
Recorte de prensa no que se anuncia a traducción ao galego da epopeia arxentina "Martín Fierro" (1978)
6 programas de actuacións (fotocopias)
5 partituras musicais (fotocopias)
2 fotografías de actuacións da coral (fotocopias)

Conservada en formato CD:

1 número da revista "Alalá"

Coral galega Os Rumorosos

Coral Terra a Nosa

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme:

Libros de actas das reunións da Subcomisión Coral "Terra a Nosa" dos anos 1946-1947, 1949-1954, 1956 e 1960

Coral Terra a Nosa

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Coro Universitario Galego de Barcelona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

8 programas das xuntanzas de coros galegos de Cataluña (1997-2004)
Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas
Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona"
2 folletos co programa do "Cicle de música a la Universitat de Barcelona"
Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005
Cartaz deseñado polo Coro Universitario Galego de Barcelona para buscar novas voces
Libro polo decenario do debut do Coro
Libro/CD Porgaleuzca
Revista "Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals"

Coro Universitario Galego de Barcelona

Correo de España : Semanario de la colonia española

Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76

Centro Español de Costa Rica

Correo de Galicia : del "Grupo Nós" de Buenos Aires

Este periódico de información xeral recolle principalmente as novas da colectividade e as actividades das diferentes institucións, visitas de personalidades, etc., incluíndo noticias da actualidade galega (políticas, económicas, sociais) recollidas principalmente dos xornais editados aquí. Outros artigos fan referencia á historia da colectividade, á cultura galega, á emigración, á cociña galega, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1
  • 1996: n. 2-3, 5, 7-10
  • 1997: n. 11-12, 21-22
  • 1998: n. 27

Grupo Nós de Bos Aires

Resultados 1541 a 1560 de 5700