Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, relativa ao Panteón Social, mantida cos seus socios e coas compañías:
Folleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.
Folleto editado pola Casa de Galicia de Montevideo co programa cultural deseñado en celebración do 64º aniversario social para o día 23/10/1981, conservado en formato papel.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.
Fotografía realizada durante unha reunión da sociedade nos anos 1940 e fotografía do Presidente, Eladio Vázquez Nieto, tomada nos anos 1990, conservadas en formato dixital.
El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" Programa da III festa galega (2000) Programa polo Día das Letras Galegas de 2007 Calendario editado polo 10º aniversario societario Revista "A Palloza : revista cultural galega"
Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" Folleto "Ofrendas ao Apóstolo Santiago" (1989) Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana (1990) Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra de Carmela Arias Díaz de Rábago (1990) Boletín "O Mencer"
Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).