Recortes de prensa publicados sobre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", que inclúen fotografías de socios e de edificios propiedade de emigrantes de Cerdido, conservados en formato dixital e impreso.
Recortes de prensa e outra documentación relativa ás áreas xeográficas de Viana, Trives ou Valdeorras:
Recorte de "Estudios Gallegos" relativo á provincia de Ourense (1915-1916) (1 páxina)
Recorte do n. 1021 do "Correo de Galicia" (1925) (1 páxina)
N. 13 da revista "Triviana : órgano oficial informativo del Centro Viana-Trives y Partidos Valdeorras-Verín" (1971) (6 páxinas)
Recorte de "Hermandad Gallega de Venezuela" (1975) (2 páxinas)
Recorte de "Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina" (1999) (1 páxina), con fotografía do Presidente, Francisco Rodríguez González, do Secretario Xeral, Ángel Estévez e da Secretaria de Actas, Analía Álvarez xunto cos señores Pereyra e González Míguez.
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lousada", aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/03/1918 (16 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Regulamento da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol" aprobado o 18/04/1951 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato papel (48 páxinas).