Showing 1836 results

Archival description
América
Print preview View:

72 results with digital objects Show results with digital objects

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa

Memorias sociais

Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":

  • Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
  • Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.

Unión Mugardesa

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha". Dixitalizadas e impresas as versións manuscritas e mecanografadas das actas:

  • Acta 1ª: 24/11/1907
  • Acta 2ª: 02/02/1908, co borrador de Regulamento (18 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Recortes de prensa

Recortes de prensa publicados sobre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", que inclúen fotografías de socios e de edificios propiedade de emigrantes de Cerdido, conservados en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Fotografías

Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Progreso de Lousada

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas e das Xuntas Xerais de Socios (1938-1940)
Estatutos (1930)
Regulamento (1918)
1 carta dirixida aos socios (1932)
3 cartas sobre o Panteón do cemiterio da parroquia de San Pedro de Santaballa (1935)
12 cartas sobre a construcción dunha estrada no Fondal de Lousada (1949-1951)
Memoria do bienio 1954-1956

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1941-1957)
4 fotografías realizadas en reunións da Xunta Xeral de Socios
1 fotografía da Xunta Directiva

Progreso de Lousada

Correspondencia varia

Correspondencia conservada en formato dixital e impreso:

  • Circular informando aos socios da sociedade "Progreso de Lousada" da estafa acometida pola anterior Xunta Directiva e solicitando o pago da cuota social (10/09/1932)
  • Carta concediendo terreos para construir un Panteón no cemiterio da parroquia de San Pedro de Santaballa a favor da sociedade "Progreso de Lousada", a iniciativa do socio José Fernández Pernas (03/09/1935)
  • Carta do Vicesecretario da Chancillería do Obispado de Mondoñedo, Gabriel Pita da Viega, ao cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez sobre o traslado duns restos mortais (03/09/1935)
  • Informe do cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez Ocampo (22/10/1935)

Progreso de Lousada

Memoria bienio 1954-1956

Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Progreso de Lousada

Sociedad Roupar y Lousada: Actas de Juntas Generales 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 16 primeiras actas, ata o 30/08/1964 (23 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Modelos de folios

Folios orixinais da entidade, conservados en formato papel:

  • Folio co timbre: "Sociedad Roupar y Lousada, Centro Gallego, Habana"
  • Folio co timbre: "Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia, Palacio del Centro Gallego, La Habana. Miembro de la Federación de Sociedades Españolas de Cuba. Miembro de la Federación de Sociedades Gallegas de Cuba"

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios (1917-1923)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1917-1919)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1919-1933)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1933-1943)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro (1917-1926)
Libro de rexistro (1963-2004)
7 fotografías

Conservada en formato papel:

Regulamento (1955) (orixinal e facsímil)
Correspondencia (fotocopias)

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 32 actas (56 páxinas) dende o 01/04/1917 ata o 25/06/1919
  • Libro con 158 actas (320 páxinas) dende o 23/08/1919 ata o 10/02/1933
  • Libro con 105 actas (200 páxinas) dende o 20/04/1933 ata o 15/03/1943

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 32 actas (74 páxinas) das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 22/04/1917 ata o 31/05/1923

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1932-1942)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1972-1976)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1923-1930)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1947-1963)
Libro de Actas das reunións do Consello de Fundadores (1923-1969)
Libro de Actas das reunións do Comité Pro-Iglesia de Ferreira (12/1920)
Libro de Actas das reunións da sección de Propaganda (1924-1931)
Libro de Actas das reunións da sección de Beneficencia (1924-1939)
Regulamento (1916)
Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz
Memoria social (1916-1917)
Memoria social (1928)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1907-1949)
Libro de rexistro de socias (1932)
Libro de rexistro de socios (1949)
Libro de rexistro de socios (1955-1993)
Listaxe de socios fundadores (1907)
Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón
125 fotografías

Conservada en formato papel (orixinal) e dixital:

Regulamento (1945)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Regulamentos

Regulamentos da sociedade "El Valle de Oro":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado o 28/12/1916 (6 páxinas)

Conservado en formato papel e dixital:

  • Regulamento aprobado o 11/07/1945 (32 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente do Panteón da sociedade "El Valle de Oro" situado no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservada en formato dixital:

  • Título de propiedade (1929)
  • Duplicado do título de propiedade (1955)
  • Fotografía do panteón

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Results 1641 to 1660 of 1836