Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Fotografías

19 fotografías en formato PDF:

  • Comisión Directiva de Boiro e Comisión de Damas
  • Visita de Luis Alcalá Zamora (fillo) (06/02/1942)
  • 2 fotografías sobre o Primeiro directorio da Cooperativa Alborada (xaneiro 1942)
  • 2 fotografías sobre discurso de Antonio Alonso nun acto de axuda a España (1937)
  • Acto no Lune Park (1938)
  • Chegada de Indalecio Prieto a Bos Aires (1938)
  • Axuda a España. Sociedade Nogueira de Ramuín (1938)
  • Delegacións de Montevideo e Rosario na Federación de Sociedades Gallegas (03/07/1944)
  • Comisión Femenina da Central Gallega (1937)
  • 4 fotografías sobre o envío de mercaderías a España (1938)
  • Rodolfo Prada falando no local da Federación no centenario do nacemento de Rosalía de Castro (1939)
  • Eduardo Blanco-Amor
  • Eligio González (10/10/1942)
  • Xunta Directiva da Sociedad de Agricultores de Cristiñade (15/07/1023)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Acción gallega : Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires

Este xornal foi editado en Bos Aires desde 1926 e desde 1929 convértese no voceiro oficial da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, tras a súa escisión da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
A maior parte da publicación está dedicada á sección «Notas y Comunicados de las Sociedades» (novas das Sociedades federadas) e á información propia da Federación (comunicados, asembleas, notas do Consejo Federal, etc.), realizando continuas críticas á outra Federación. Aparecen outros artigos abordando a actualidade política española, sendo moitos deles reproducidos doutras publicacións. Tamén inclúe comunicados de organizacións de esquerda e comentarios diversos desde unha perspectiva republicana de esquerdas, moi crítica co goberno español e fortemente antinacionalista.

A publicación «Galicia : Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas» tivo que deixar de editarse baixo a súa denominación habitual por motivos políticos e tomou o nome dun antigo órgano oficial dos anos 20, «Acción Gallega». Aparece só desde o 1 de abril de 1944 ata o 29 de xullo. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran, sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras este período volve editarse coa cabeceira «Galicia».

Fondos en microfilme:

2ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-1):

1929: n. 37-39
1930: n. 40-59
1931: n. 59, 61-72
1932: n. 73-82
1933: n. 83-94
1934: n. 95-106
1935: n. 107-117
1936: n. 118-158 [i.e. 128]
Os números dos anos 1936-1942 consérvanse no rollo de microfilme con signatura AE/M-7-7

3ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-10.6):

1944: n. 1-18 (tamén dixitalizados)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

El Despertar Gallego : Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina

Este xornal foi editado pola Federación de Sociedades Gallegas da República Arxentina e inclúe crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española desde unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo, etc. Esta publicación vai evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, desde unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provoca numerosas controversias na mesma e que ematará coa ruptura da mesma, continuando esta publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.

Fondos en microfilme:

1922: n. 3, 9, 11-12
1923: n. 13-24
1924: n. 25-42
1925: n. 43-66
1926: n. 67-89
1927: n. 90-113
1928: n. 114-137
1929: n. 138-161
1930: n. 163-183

Fondos dixitalizados:

1923: n. 23-24
1924: n. 25-42
1925: n. 43-66
1926: n. 67-89
1927: n. 90-113
1928: n. 114-137
1929: n. 138-161
1930: n. 163-183

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas

Esta publicación é en realidade unha continuación de «Galicia : Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas» que por motivos políticos tivo que deixar de editarse con ese nome. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras a publicación de quince números baixo esta cabeceira volta a editarse como «Galicia».

Fondos en microfilme:

1943: n. 1-2
1944: n. 3-15

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Folleto sobre Castelao

Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Xogos florais

Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.

En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.

Coral galega Os Rumorosos

Fotografías

2 fotografías de actuacións da coral en formato papel (fotocopias):

  • Actuación no Teatro Maravilla (22/09/1941)
  • Actuación Os Caneiros (02/12/1942)

Coral galega Os Rumorosos

Centro Noya-Rianxo, Asociación Civil

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos de 1987 (fotocopias)
1 partitura musical (fotocopias)
3 números da revista "As Rías Baixas"
1 número do boletín "Centro Noya Rianxo" (fotocopias)
1 número do boletín "Centro Noia-Rianxo : boletín"

Conservada en formato dixital:

1 partitura musical

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Estatuto

Formato papel (fotocopias):

Reformas dos estatutos dispostas pola asemblea extraordinaria do día 15/04/1987, con inclusión do cambio de denominación da institución aprobado o día 27/05/1988 e certificación de copias.

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Results 1641 to 1660 of 5662