Showing 1574 results

Archival description
Galicia
Print preview View:

58 results with digital objects Show results with digital objects

Hijos de San Miguel y Reinante

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Estatutos reformados (1951)
Regulamento da sociedade e regulamento da escola (1918)
Memoria do ano 1927

Conservada en formato dixital:

Fotografía da Escola de San Miguel de Reinante

Hijos de San Miguel y Reinante

Estatutos

Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.

Hijos de San Miguel y Reinante

Memoria do ano 1927

Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos de San Miguel y Reinante

Estatutos

Estatutos xerais e Regulamento do retiro social da sociedade "El Valle de Lemos" (1953), conservados incompletos en formato dixital e impreso.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Permisos para emigrar

Certificados de soltería e permisos para emigrar á cidade de A Habana de 1915 e 1919, conservados en formato dixital.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Listaxe de socios

Listaxe de socios da sociedade "Hijos de Lorenzana" nacidos en Galicia (2004), conservada en formato dixital.

Hijos de Lorenzana, Sociedad de Beneficencia y Cultura

Fotografías

Fotografías da sociedade "Emigrados de Riotorto" conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da Xunta Directiva fundacional (1915)
  • 1 fotografía de escola da sociedade en Riotorto (Lugo)
  • 1 fotografía do Panteón social (1929)
  • 1 fotografía da toma de posesión da Xunta Directiva celebrada en 1942
  • 4 fotografías de Xuntas Directivas
  • 2 fotografías do banquete celebrado no 35º aniversario societario (1950)
  • 1 fotografía da Xunta Directiva resultante da toma de posesión celebrada o 19/01/1954
  • 1 fotografía de grupo
  • 2 fotografías da toma de posesión da Xunta Directiva celebrada o 02/06/1974

Emigrados de Riotorto

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Instrucción de Monterroso, Antas y Palas de Rey", máis adiante "Monterroso y Antas de Ulla":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 74 actas dende o 23/07/1914 ata o 21/12/1919 (207 páxinas): dixitalizado incompleto

Conservados en formato impreso:

  • Libro con 211 actas dende o 11/01/1920 ata o 04/02/1936 (300 páxinas)
  • Libro con 100 actas dende o 17/02/1948 ata o 17/01/1957 (391 páxinas): dixitalizado incompleto

Monterroso y Antas de Ulla

Fotografías

Fotografías realizadas durante as actividades realizadas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla", conservadas en formato dixital:
en banquetes, romerías e actos, en reunións das Xuntas Directivas e dos socios, do Comité de Damas, do Presidente e outros directivos, dos grupos de baile e de grupos de maestras e nenos en clase.

Monterroso y Antas de Ulla

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro nº 5 con 81 actas dende o 17/04/1957 ata o 16/10/1963 (105 páxinas)
  • Libro nº 6 con 299 actas dende o 20/11/1963 ata o 24/07/1997 (312 páxinas)
  • Libro con 83 actas dende o 25/08/1997 ata o 18/06/2004 (75 páxinas)

Monterroso y Antas de Ulla

Lar Gallego de Pamplona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1987)
Carta enviada ao Director de Radio Galicia (1996)
Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (1996)
Programa de actividades polo Día das Letras Galegas (1996)
Programa das fiestas patronais Santiago Apóstolo (1984)
Emblema e tarxeta social
Revista "Lar Gallego de Pamplona : Festas de Sant Yago"
Boletín "Novas Lar : Boletín Informativo"

Lar Gallego de Pamplona

Estatutos

Estatutos de "Lar Gallego de Pamplona" publicados en xaneiro de 1987 e aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 23/11/1986, conservados en formato papel.

Lar Gallego de Pamplona

Centro Gallego Gijón

Esta publicación societaria foi editada con carácter anual para commemorar as festas do Apóstolo Santiago. Contén información relativa ao programa de actividades organizadas polo Centro Gallego, con motivo desas datas e unha descrición do seu labor societario. Complétase con diversos artigos relativos a diferentes aspectos da cultura galega: literatura, cultura popular e tradicións, etc.; así como outros traballos de temática máis xeral como medicina, seguridade cidadá, etc. En decembro de 1986 editan un número especial dedicado a Castelao, no centenario do seu nacemento.

Números conservados en formato papel:

1986: decembro
1990: xullo
1991: xullo
1992: xullo
1993: xullo
1994: xullo
1997: xullo

Centro Gallego de Gijón

Casa de Galicia de El Puerto de Santa María

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998)
Publicación e cartaz editadas con motivo das Festas de Santiago Apóstolo
Convite á convivencia Galicia con Asturias

Casa de Galicia de El Puerto de Santa María

Programas dos "Días de Galicia en Córdoba"

Programas de actividades organizadas pola "Casa de Galicia en Córdoba" para celebrar o Día de Galicia en Córdoba:

  • 1 tríptico (1990) (220 x 105 mm)
  • 1 tríptico (1990) (213 x 97 mm)
  • 1 cartaz da 8º edición (1994) (tamaño A4)

Casa de Galicia en Córdoba

Guía cultural

Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos do Certame de Poesía Rosalía de Castro

Trípticos editados pola "Casa de Galicia en Córdoba" para dar difusión ao Certame de Poesía Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • 2º certame (1992)
  • 4º certame (1994)
  • 5º certame (1995)
  • 6º certame (1996)

Folleto editado pola "Casa de Galicia en Córdoba" co poemario "Yesca" de José A. Ramírez Lozano, premio Rosalía de Castro (44 páxinas, 1991)

Casa de Galicia en Córdoba

Folleto "Fotógrafos en la Posada del Potro"

Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)

Casa de Galicia en Córdoba

Airiños : Casa de Galicia

Esta revista societaria pretende achegar aos seus socios as noticias da entidade e informacións de interese para eles como os estatutos sociais, as súas diversas actividades, información sobre axudas institucionais, viaxes, excursións, etc. Ademais conta con artigos sobre Galicia e entrevistas a persoas de orixe galega que destacan en distintos ámbitos na rexión.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 0
1989: n. 1
1990: n. 2-3
1991: n. 4-5
2ª etapa:
2000: n. 1
2002: n. 3
2003: n. 4
2004: n. 5
2005: n. 6
2006: n. 7
2007: n. 8
2010: n. 11

Casa de Galicia en Córdoba

Results 161 to 180 of 1574