Showing 5689 results

Archival description
Print preview View:

108 results with digital objects Show results with digital objects

Federación Mundial de Sociedades Gallegas : Boletín Informativo

Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.

Número conservado en formato papel:

1980: n. 2

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Tempo Galego : Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Esta xornal editado pola Secretaria xeral da Federación Mundial de Sociedades Galegas trata non só dos temas da entidade editora senón tamén de diversos aspectos da cultura galega tanto en Galicia como fóra de Galicia, cunha temática diversa como política, emigración, galeguidade, educación, etc. Ten seccións fixas como «Entre col e col» de Plácido Lizancos Santos ou «Temas Gallegos» por Juan Naya Pérez, «Micronoticias dos nosos», etc.

Números conservados en formato papel:

1982: n. 1-3
1984: n. 5-7
1985: n. 8

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González Moreno, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 02/11/1998, para remitirlle a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta e indicarlle o emblema antigo e o vixente da institución, conservadas en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Folleto do IV Festival Mundial de Danses Folklóriques

Folleto co programa de actividades organizadas polo "Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma" con motivo do IV Festival mundial de danzas folklóricas levado a cabo os días 2 a 6 de abril de 1991 (32 páxinas), conservado en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Results 1901 to 1920 of 5689