Showing 5689 results

Archival description
Print preview View:

108 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Barcelona

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Estatutos (1984)
Convite á homenaxe a Manuel María (2004)
4 folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros (2006-2008)
5 folletos pola festividade do Apóstolo (1955-1996)
9 folletos sobre actuacións teatrais (1975-2005)
Programa das II Jornadas de Galicia en Cataluña (1975)
Programa do III Festival benéfico de habaneras (1976)
Programa do festival folklórico "Aragón y Galicia" (1978)
5 folletos sobre exposicións (1989-2007)
4 programas de actividades (2004-2007)
2 folletos e 1 cartaz sobre actuacións musicais (2006-2007)
Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006
Folleto sobre conferencias (2007)
Folleto sobre o obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego
3 sobres e 1 tarxeta co emblema societario
Memoria de actividades durante o ano 2010
Revista "Galicia en Cataluña : Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña"
Revista "Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona"
Revista "Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Folleto do Concerto Festival Folklórico en conmemoración do 25º aniversario do Centro (1973)
2 artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona (1984-2007)

Centro Gallego de Barcelona

Folletos sobre exposicións

Folletos sobre exposicións organizadas polo "Centro Gallego de Barcelona", conservados en formato papel:

  • 1 folla voandeira (220 x 160 mm): Exposición de pintores galegos en Barcelona os días 11/03-02/04/1989.
  • 1 folla voandeira (212 x 152 mm): Exposición de pintura de Pilar Carro Hernández os días 20/10-10/11/1990.
  • 1 folla voandeira (214 x 134 mm): Mostra de pintura de Silvia González Armesto os días 20/10-10/11/1990.
  • 1 folla voandeira (80 x 183 mm): Mostra de ilustración de autores galegos entre o 16/11/2006 e o 14/01/2007.
  • 1 folla voandeira (110 x 138 mm): Mostra de pintura de Silvia González Armesto en decembro de 2006.

Centro Gallego de Barcelona

Programas de actividades

Programas de actividades organizadas polo Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel:

  • Actividades para xuño-xullo de 2004 polo 80º aniversario do Centro.
  • Actividades para abril de 2007
  • Actividades para maio de 2007
  • Actividades para xuño de 2007

Centro Gallego de Barcelona

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona

Artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel (fotocopias):

  • Artigo "O Centro Galego de Barcelona, embaixada de Galicia en Catalunya" publicado no suplemento "Cataventos" do xornal "El Ideal Gallego" do día 28/11/1984.
  • Artigo "A emigración esquecida" de Xerardo da Seara publicado no xornal "Centro Galego de Barcelona" en abril de 2007.

Centro Gallego de Barcelona

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Saudade : Agrupación Cultural Galega

Revista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora "Saudade Xove", converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".

Números conservados en formato papel:

2002: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2006: n. 5
2008: n. 6 (XXV anos de historia)

Agrupación Cultural Galega Saudade

Results 1921 to 1940 of 5689