Showing 2 results

Archival description
Santiago o Maior, Santo País Vasco Subseries
Print preview View:

Festas do Santiago

Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.

Números conservados en formato papel:

1984 (220 x 156 mm)
1986 (215 x 150 mm)
2005 (tamaño A4)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Estadea : revista de literatura, arte, gastronomía y del Camino de Santiago

Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de «dar a conocer nuestra cultura, y nuestra gastronomía en el País Vasco. Es nuestra intención, que a través de su lectura, se tiendan sólidos puentes de unión y comunicación entre estos dos pueblos». A maioría dos artigos abordan diferentes aspectos de Galicia: a súa gastronomía, literatura, arte, cultura e sociedade. Editada pola Casa de Galicia «Celso Emilio Ferreiro» de Pasajes, coa colaboración da Casa de Galicia de San Sebastián e da Cofradía de la Queimada.

Números conservados en formato papel:

1994/1995: n. 0
1998: n. 2
1999: n. 3
2000/2001: n. 4
2002: n. 5
2003: n. 6
2004: n. 7
2005: n. 8
2006: n. 9 (75º aniversario)
2007: n. 10
2009: n. 13
2010: n. 14

Cofradía de la Queimada del País Vasco