Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia)
Previsualización da impresión Ver:

33 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Rianxo : Revista editada por la sociedad Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1943: n. 1

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Rianxo : Revista social

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1948: [s.n.]
1951: [s.n.]; n. 4

Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas)

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)

Centro Arzuano Mellidense

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján".

Conservados en formato microfilme e dixital os anos 1924-1949 (101 páxinas).

Sociedad hijos del ayuntamiento de Buján

Ficheiros de socios

Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.

Sociedad hijos del ayuntamiento de Buján

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende 1937 ata 1951: só dixitalizada a primeira acta do libro nº 2, nº 160, do día 25/05/1937 (7 páxinas)
  • Libro de actas dende 1951 ata 1965: só dixitalizada a primeira acta do libro nº 3, nº 315, do día 18/06/1951 (3 páxinas)
  • Libro de actas dende 1965 ata 1979: só dixitalizada a última acta do libro nº 4, do día 13/07/1979 (3 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Contrato de arrendamento

Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" no Centro Gallego da Habana do 01/08/1921 (2 páxinas), conservado en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Instrucción Naturales del Ayuntamiento de Puentes".

Conservado en formato dixital:

  • Libro de 98 actas dende 16/01/1947 ata 17/12/1963 (361 páxinas)

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende 21/01/1964 ata 1982. Dixitalizado dende 21/01/1964 ata 20/03/1968 (75 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Regulamentos de Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Regulamentos da sociedade "Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":

Conservado en formato dixital:

  • Regulamento aprobado o 01/12/1920 en Xunta Xeral Extraordinaria (32 páxinas)
  • Regulamento aprobado o 29/10/1922 (14 páxinas)

Conservados en formato dixital e impreso (incompletos):

  • Regulamento aprobado o 18/11/1941 en Xunta Xeral (27 páxinas)
  • Regulamento aprobado o 28/11/1951 en Xunta Xeral (28 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Fichas de socios

Fichas de socios da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservadas en formato dixital:

  • Ficha de 1921
  • Ficha de 1924
  • Ficha de 1958

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Memorias sociais

Memorias dos traballos realizados anualmente, presentadas en sesións celebradas pola Xunta Xeral da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":

Conservadas en formato dixital: memorias dos anos 1915, 1917-1919, 1922, 1925-1927, 1932-1938

Conservadas en formato dixital e impreso: memorias dos anos 1928-1931, 1939

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en Xunta Xeral Extraordinaria o 25/03/1917 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en Xunta Xeral o 04/08/1923 (15 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en Xunta Xeral o 29/04/1947 (28 páxinas)

Unión Mugardesa

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

Conclusión adoptadas nas Asambleas da Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Folletos coas conclusións adoptadas nas seguintes Asembleas da "Federación Mundial de Sociedades Gallegas", conservados en formato papel:

  • IIIª Asemblea Plenaria (19-20/08/1978)
  • IVª Asemblea Plenaria (16-18/08/1980)
  • Vª Asemblea Plenaria (27-29/08/1982)
  • VIIª Xuntanza Plena (08/1982)
  • VIª Asemblea Plenaria (17-19/08/1984)

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Calo y Viduido", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro (407 páxinas) de 360 actas das reunións dende 10/11/1920 ata 30/06/1958
  • Libro (22 páxinas) de 20 actas das reunións dende 30/08/1958 ata 30/10/1960

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Resultados 1 a 20 de 247