Showing 9 results

Archival description
Cataluña Item Música
Print preview View:

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programa da Festa Galega 1991

Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.

Irmandade Galega de Sallent

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Recolección de recortes de prensa

Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas