Showing 66 results

Archival description
América Enquisas
Print preview View:

Enquisa Censo Cultural

Carta do 15/04/1991 cunha pequena memoria da asociación, en contestación á enquisa "Censo cultural" enviada polo Consello da Cultura Galega

Hogar de Ribadumia, asociación de instrucción, cultura y recreo

Carta e enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega

Carta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:

  • "As Sociedades Galegas no Mundo"
  • Censo Cultural, "Medios de Comunicación"
  • Censo Cultural, "Entidades"

Centro Orensano de Montevideo

Enquisa "Censo Cultural"

Enquisa "Censo Cultural" enviada polo "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor" ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Enquisas

2 enquisas respostadas pola Asociación Unión Residentes de Outes:

  • Enquisa do CCG "Censo cultural" (Entidades)
  • Enquisa da Xunta de Galicia (1991)

Asociación Unión Residentes de Outes

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
  • Programa de actos polo 75º aniversario
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Centro Gallego de Santa Fé

Enquisa Censo Cultural

Enquisa "Censo Cultural" relativa a Denominación remitida polo "Instituto español de Montreal" ao Consello da Cultura Galega.

Instituto español de Montreal

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Correspondencia dirixida ao Consello da Cultura Galega

O Presidente da "Asociación mutualista Residentes de Vigo", Santiago Comesaña, envía sendas cartas ao Secretario do Consello da Cultura Galega:

  • Carta de 04/05/1991 en resposta á solicitude de información por parte do Consello.
  • Carta de 07/01/1992 en resposta á enquisa do Consello sobre Censo cultural.

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Correspondencia dirixida ao Arquivo da Emigración Galega

O Presidente da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Alfredo Carlos Peña, envía unha carta o día 11/11/1998 ao Xerente do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, para facerlle chegar:

  • Enquisa cuberta (7 páxinas)
  • Memoria do ano 1997 (3 páxinas)
  • Escudos das sociedades antecesoras e da actual (3 páxinas)
  • Estatutos (11 páxinas) (fotocopia)

O Secretario da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Francisco José Fontaíña, envía unha carta o día 16/02/1999 ao Consello da Cultura Galega coa súa revista societaria.

O Presidente, Santos Gastón Juan, e o Secretario, Jorge Calvetti, da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", envían unha tarxeta postal para felicitar o ano 2005.

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

Cartas enviadas por Manuel Rodríguez y Rodríguez

Cartas enviadas polo Presidente da "Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro", Manuel Rodríguez y Rodríguez:

  • Á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 22/11/1996, para facerlle chegar un modelo de carta e unha tarxeta da entidade.
  • Ao Coordinador de proxecto do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 21/10/1998, para confirmar o envío anterior e remitir a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro

Enquisa "Censo cultural galego"

Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.

Centro Arzuano Mellidense

Results 1 to 20 of 66