Acta do 9 de xullo de 1917 coa toma de posesión da primeira xunta directiva da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal", que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1917, conservada en formato dixital e impreso.
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929
Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.