Showing 5648 results

Archival description
Print preview View:

17 results with digital objects Show results with digital objects

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

El Agrario: Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.

O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Sociedad mutua y auxiliar de agricultores del municipio de Vedra

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Libro de actas
Carta do Sindicato de Agricultores de Vedra
Libro de caixa da entidade co Banco de Galicia y Buenos Aires (1920-1925)
Acuses de Recibo por diversos pagos realizados pola entidade
Resguardos de cheques do Banco Español del Río de la Plata (Buenos Aires)

Conservada en formato papel e dixital:

Libros de rexistro de socios de 1920-1922 e de 1920-1931

Sociedad mutua y auxiliar de agricultores del municipio de Vedra

Results 1 to 20 of 5648