Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.
Número conservado en formato microfilme:
1944: n. 1-4
1945: n. 5-28